_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello volve a destinar 60.000 ás bolsas para estudos universitarios e de ciclos superiores de FP

O goberno local de Vilagarcía reedita o compromiso de facilitar o acceso aos estudos superiores dos vilagarciáns, independentemente das súas posibilidades económicas. Por iso, na última Xunta de Goberno Local procedeuse á aprobación das bases que rexerán a nova convocatoria das axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores de FP destinadas vilagarciáns que cursen fora do municipio. O Concello dispón dunha partida de 60.000 euros para financiar as axudas que, como en edición anteriores, serán de 400 euros para os primeiros e de 200 para os segundos.
01.09.2021.- Unha vez aprobadas as bases, estas deberán ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia, probablemente a vindeira semana. O prazo de solicitude abrirase ao día seguinte ao da publicación e pecharase o 17 de outubro. As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal).

A convocatoria refírese a estudos realizados durante o curso 2020/21. Por iso, ademais de estar empadroados en Vilagarcía, un dos principais requisitos para acceder a estas subvencións é que, en caso de estudos universitarios ou de nivel similar, os alumnos teñan cursado un mínimo de catro materias anuais ou un mínimo de 30 créditos por curso. No caso dos ciclos superiores esíxese que os estudos se realizasen na modalidade de dedicación a tempo completo. E en ámbolos dous casos, para recibir a axuda terán que xustificar ter superado, polo menos, o 50% das materias nas que estivesen matriculados no curso 2020/21.
Todos os requisitos e a documentación que deben presentar os solicitantes para acreditar a realización dos estudos figuran nas propias bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou na sede.vilagarcia.gal

Esta é a sexta convocatoria desta liña de axudas creadas polo executivo socialista para garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica familiar non sexa obstáculo para elo, dado o elevado custe que isto supón para as familias con economías máis febles. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar.

Estas bolsas que concede o Concello contaron cunha importante acollida por parte dos estudantes do municipio. En atención á demanda, o ano pasado decidiuse elevar a partida dos 40.000 euros dos que se viña dispoñendo ata 2019, ata os 60.000 que se reeditan agora. A medida propiciou un importante aumento dos beneficiarios aos que chegaron as bolsas, pasando dos 110 de 2019 aos 161 de 2020. En todas as edicións, a maior parte das axudas concedidas foron para estudos universitarios, é de dicir as de maior importe. En 2019 o reparto fíxose nunha proporción de 90-20 e o ano pasado de 139-22.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -