_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O humor dende a perspectiva de xénero centra as actividades da Semana Muller e Cultura

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa volve a poñer en marcha a Semana Muller e Cultura co obxectivo de poñer en valor e visibilizar o papel e o traballo das mulleres creadoras no eido do sector cultural. A edición deste ano, a desenvolver do 16 ao 24 de setembro, oriéntase ao mundo do humor e contará con grandes cómicas, monologusitas, actrices, comunicadoras e dramaturgas galegas. Un faladoiro, un espectáculo de monólogos, unha obra de teatro e un obradoiro sobre narración oral en termos de humor compoñen o programa cuxas actividades son totalmente de balde, con reserva e cumprindo os protocolos sanitarios.
31.08.2021.- Centrar a terceira edición da Semana Muller e Cultura no humor decidiuse por dúas razóns: por seu un sector dominado historicamente por homes e no que ás mulleres dificilmente sobresaían, e porque “en tempos de pandemia, o mellor que podemos facer é tratar de proporcionar risas para contribuír a que a xente mellore o estado de ánimo, neste caso, aplicando a perspectiva de xénero e dando voz ás propias mulleres”, apuntou a concelleira de Igualdade, Tania García.

A programación comezará o xoves 16 de setembro ás 19.00 horas cun faladoiro titulado “A muller e o humor na escena”, no que intervirán Diana López Valera, guionista, escritora e directora cultural; María Armesto, dramaturga e directora feminista de escena; e Isabel Risco, actriz, clown e pedagoga teatral. O faladorio irá seguido do monólogo: “Beni Barciela: consulting feminista”, realizado pola actriz, directora e escritora teatral Clara Gayo. Ámbolos dous actos terán lugar na sala de conferencias do Auditorio e serán de balde ata completar o aforo permitido. Para darlle maior difusión e que o poidan seguir todas as persoas que o desexen, os actos tamén serán retransmitidos en directo a través do facebook do Concello e da canle de youtube “Concello de Vilagarcía de Arousa”.

O venres 17 celebrarase o espectáculo cómico feminino de micro aberto “Tremendas Comedy by”, protagonizado por Arantxa Treus, actriz que traballou, entre outras, na serie “Fariña” e obtivo o premio Fetega á mellor monologuista cómica 2020; Jazmín Abuín, actriz e monologuista que, entre outras experiencias, ten traballado nas series “La que se avecina” e “Serramoura”; e Antía Costas, actriz, cómica, pandereteira, improvisadora, monologuista e creadora e directora da compañía Moito Morro Teatro. A entrada ao espectáculo será de balde con reserva previa en ataquilla.com.

Xa na fin de semana, o sábado 18 desenvolverase o obradoiro de narración oral titulado “Reinventar a tradición con sentido do humor”, impartido por Paula Carballeira, narradora oral, actriz, directora, escritora e membro da compañía Berrobambán. O obradoiro irá dirixido a todo o público a partir de 20 anos que queira traballar desmontando estereotipos sexistas na narrativa. Será de balde e celebrarase no Auditorio en horario de 10 a 14 horas. As inscricións poderanse facer directamente na Área de Igualdade ou a través do enderezo electrónico muller@vilagarcia.gal , presentando o modelo que estará pendurado no taboleiro de anuncios desta web. O prazo para inscribirse ábrese o mércores 1 de setembro e péchase o día 15. Dado o limitado número de prazas ofertadas, 10, en caso de que haxa maior demanda, adxudicaranse mediante sorteo.

O broche final da Semana Muller e Cultura 2021 terá lugar o venres 24 coa representación da obra de teatro “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”, unha comedia a cargo da compañía teatral Olivas Negras. Dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez, conta unha historia de autosuperación e empoderamento feminino, en clave de humor, na que o público tamén terá ocasión de observarse e viaxar coas protagonistas.

A Semana Muller e Cultura é unha actividade que se enmarca dentro do III Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía e que cofinancia a Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021. Nesta edición, a través do humor protagonizado por mulleres, analizaranse os sesgos de xénero na produción cultural e ofreceranse á cidadanía modelos próximos de mulleres creadoras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -