_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade formará en atención socio sanitaria a 15 mulleres en situación de vulnerabilidade

Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía vén de convocar un curso de atención socio sanitaria en institucións, dirixido prioritariamente a mulleres en situación de vulnerabilidade. O curso é gratuíto, ten 15 prazas dispoñibles, durará 3 meses, entre o 23 de setembro e o 31 de decembro, terá 160 horas de formación teórica e práctica e se desenvolverá nas aulas da academia Kaeme na Praza de Galicia. As interesadas deben dirixirse ás dependencias do CIM para anotarse. O prazo de inscrición vai do 30 de agosto ao 10 de setembro.
28.08.2021.- A oferta de opcións formativas para a mellora da empregabilidade de mulleres en situacións de vulnerabilidade é unha ferramenta imprescindible dentro dos servizos ofrecidos dende a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa, ao ser conscientes de que facilitar a reinserción laboral e a recuperación dos proxectos persoais destas mulleres, evita a cronificación das situacións de vulnerabilidade.

Neste marco organízase enta nova acción formativa, cuxa temática, a atención socio sanitaria, elíxese ao ser este un dos nichos laboral que xera unha maior demanda de persoal e que segue medrando. A Área de Igualdade xa organizou o pasado ano un curso de atención socio sanitaria, pero nesa ocasión, orientado á atención domiciliaria das persoas dependentes. Neste caso, a formación diríxese ao traballo en institucións especializadas no coidado destas persoas (xeriátricos, centros de día, hospitais, centros de atención a discapacitados…).

Aparte da solicitude de inscrición, o CIM realizará unha entrevista persoal ás mulleres que desexen recibir a formación. O modelo normalizado de inscrición estará dispoñible na páxina web do Concello ou nas dependencias da propia área. No caso de que o número de solicitudes superase ao número de prazas, estas concederanse atendendo á valoración por parte do persoal da área, en base aos criterios de vulnerabilidade das mulleres: vítimas de violencia de xénero, paradas de longa duración, mulleres con discapacidade, ingresos mensuais, responsabilidades familiares…entre outros.

Esta actividade está enmarcada no III Plan de Igualdade do Concello e cofinanciada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2021.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -