_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A escola unitaria de Aralde xa dispón dun patio cuberto para xogar o alumnado

Os alumnos da escola unitaria de Aralde iniciarán o novo curso escolar coa novidade de poder contar xa cun patio cuberto no que poder airearse e xogar incluso nos días de choiva. A dotación desta infraestrutura foi posible grazas ao investimento levado a cabo polo Concello de Vilagarcía que, ante a negativa da Xunta de Galicia de financiar a obra, decidiu asumir o custe para atender a necesidade básica demandada pola comunidade educativa. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Educación, Miro Serén, visitaron hoxe a escola acompañados de dúas membros da ANPA para ver a nova infraestrutura xa rematada.
27.08.2021.- Ademais de redactar o proxecto, o Concello investiu 22.600 euros na execución da obra que consistiu en instalar unha cuberta, a modo de soportal, na zona do patio dianteiro, onde as familias poderán refuxiarse da chuvia á hora de entrada e saída do colexio, e os nenos e nenas xogar durante os recreos.

A firma pontevedresa GPD Construcciones S.A. foi a encargada de instalar a cuberta que inclúe unhas partes translúcidas para facilitar que a luz natural chegue igualmente á zona de xogos. A obra conta coas correspondentes canalizacións para a recollida de augas pluviais dende a cuberta. Ademais, aproveitando os traballos, tamén se realizou a conexión do centro á rede municipal de saneamento.

POSTA A PUNTO DOS COLEXIOS

Durante a visita a Aralde, o alcalde tamén dou conta dos traballos de posta a punto dos centros educativos do municipio que o Concello está a desenvolver con persoal municipal de diversos servizos e departamentos como son Obras, Electricidade, Xardíns ou Informática. Os traballos compatibilízanse ao longo do verán co resto de tarefas que se precisan no Concello e que tamén hai que atender.

O concelleiro de Educación explicou que a campaña está moi avanzada para que todo estea listo para a apertura do curso, aínda que, como xa é habitual, irase complementando ao longo do curso por si quedara algo pendente ou para atender algún arranxo a maiores que poida ir xurdindo.

Os traballos realizados son os habituais: arranxo de portas, manillas, persianas, fontanería, pintado de aulas, revestimentos de solos con caucho, interruptores da luz, reposición de fluorescentes fundidos e pequenas obras como poñer estantes, facer un armario, mover un tabique, renovar baños, revisión das caldeiras, mantemento dos patios exteriores e zonas axardinadas.

A estas actuacións habituais súmanse algunhas peticións que realizan os propios centros e que, aínda non sendo de conservación e mantemento propiamente ditas, o Concello fai igualmente, como a construción dun estanque no colexio da Escardia ou a base dun rocódromo no de Carril. Os últimos traballos a executar, un días antes do inicio do cole, son os de revisión das caldeiras e posta a punto das zonas axardinadas e patios exteriores.

O alcalde apuntou que esta campaña de posta a punto dos colexios supón un esforzo moi importante para o Concello por tratarse de 13 centros aos que hai que derivar persoal que tamén ten que realizar outras labores no resto do municipio.

Para reforzar este despregue, o Concello adxudicou este ano traballos por importe de 7.700 euros a dúas empresas que se encararon de subministrar materiais e facer pequenas actuacións como colocar solos de PVC nun aula, forrar columnas con caucho, instalar un teito de policarbonato, unha porta de aluminio, canaletas de desauges, etc.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -