_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
Concello e acción Contra a Fame abren a inscrición nunha nova edición do programa gratuíto de inclusión laboral

O programa de inclusión laboral Vives Emprega, organizado polo Concello de Vilagarcía a través da ONG Acción Contra a Fame, inicia no mes de setembro un novo semestre de actividades destinadas a que persoas desempregadas adquiran a formación complementaria e dispoñan dos recursos e do asesoramento necesario para poder acceder ao mercado laboral. Un total de 25 persoas poderán participar no programa de forma gratuíta, para o cal xa poden inscribirse a través do teléfono 690134584 ou dos enderezos mail http://www.vivesemplea.org e rvidal@accioncontraelhambre.org
27.08.2021.- O Vives Emprega Vilagarcía trata de apoiar ás persoas que están en proceso de inclusión laboral, co fin de facilitar o seu acceso ao mercado de traballo. Como na pasada edición, debido á COVID-19, o programa levarase a cabo en formato semi-presencial, combinando sesións telemáticas con outras de apoio ou titorías que serán presenciais.

As sesións de traballo irán encamiñadas a por en valor as propias competencias dos participantes así como a potenciar novas habilidades no mundo online, primando o traballo da identidade dixital así como o da marca persoal online, para que a busca de emprego sexa o mais efectiva posible no novo contexto laboral.

Para facilitar a participación e intentar mitigar o máximo posible a brecha dixital, poñerase a disposición das persoas participantes tanto os recursos tecnolóxicos como a formación TIC necesaria para o óptimo aproveitamento do programa. Tamén haberá posibilidade de realizar formación con cualificación e prácticas en empresas. A totalidade das accións son gratuítas, xa que o programa está integramente financiado polo Concello de Vilagarcía, o Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -