_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello adxudicou a compra do camión especial para a posta en marcha da recollida selectiva de biorresiduos

O Concello de Vilagarcía incorpora novas medidas para continuar avanzando cara a unha xestión óptima dos residuos sólidos urbanos e máis respectuosa co medio ambiente. Seguindo as directrices marcadas pola UE, o Concello porá en marcha un plan piloto de recollida selectiva de biorresiduos (a fracción orgánica da bolsa do lixo), para o cal xa ten adquiridos os medios necesarios: 42 contedores marróns específicos e onte mesmo adxudicou na Xunta Local de Goberno o subministro dun camión especial para a recollida deste tipo de restos.
24.08.2021.- O investimento realizado polo Concello ata o de agora ascende a 114.579 ,50 euros dos que 101.579,50 correspóndense á compra do camión adxudicado onte á firma Ros Roca. Trátase dun vehículo de carga traseira adaptado ás características do residuo a recoller e trasladar. En canto aos contedores, son os de cor marrón asignado a este tipo de restos orgánicos (produtos alimentarios, restos de comida preparada, alimentos en mal estado, excedentes alimentarios que non se teñan comercializado, restos vexetais…) e tamén son de carga traseira compatibles co camión. O custe dos mesmos ascendeu a 13.000 euros.

A idea do Concello e poñer en marcha o novo servizo da denominada FORS (fracción orgánica de recollida selectiva) a modo de proba nun ámbito reducido, para logo estendelo á poboación urbana. Así, o plan piloto dirixirase aos “grandes xeradores” deste tipo de residuos (Praza de Abastos, supermercados, comedores escolares, restaurantes, bares…). Estes serán os que teñan que depositar no contedor marrón os restos orgánicos, o que terán que facer directamente, fora de calquera envase ou envoltorio.

Os residuos que recolla o camión serán trasladados a unha planta de tratamento autorizada que se encargará de reciclalos, por exemplo, para a súa utilización na elaboración do abono natural coñecido como compost.

A recollida de biorresiduos é un dos servizos incluídos nos pregos do novo contrato da recollida d elixo que o Concello ten previsto licitar en breve, polo que a nova concesionaria terá que prestalo e será quen o estenda ao conxunto da poboación urbana.

Ademais do beneficio que supón o aproveitamento destes residuos, a medida tamén implica outras vantaxes, como a redución do volume da bolsa do lixo convencional ao restarlle a fracción orgánica, o que evita que estes restos teñan que acabar na incineradora como aqueles non susceptibles de ser reutilizados. En consecuencia, redúcense as emisión de gases procedentes do proceso de combustión e tamén o custe que o Concello ten que pagar por desfacerse do lixo.

Os prazos para esta proba estableceranse unha vez que se recepcione o camión adxudicado onte e que, tal como funciona agora o sector da automoción, con fabricación baixo demanda e co atraso que acumulan pola falta de abastecemento de chips, aínda tardará uns meses. Mentres, o Concello, a través das concellerías de Servizos e de Medio Ambiente irán desenvolvendo diferentes accións organizativas e campañas para informar e concienciar sobre a posta en marcha da recollida de biorresiduos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -