_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A creación da nova Biblioteca Municipal en Castelao precisa dun investimento de 1.768.000 euros

O Concello de Vilagarcía dispón xa do proxecto de Reforma de Local para a Biblioteca Municipal que se vai habilitar nos locais adquiridos polo Concello ao Liceo Casino no edificio da Rúa Castelao. As obras precisan dun investimento de 1.768.042,71 euros para o cal o goberno local xa buscou liñas de financiamento alleas que permitan desenvolver a obra co menor custe posible para as arcas municipais.
21,08.2021.- Así, para financiar o 70% do orzamento (un total de 1.237.629,90 euros) solicitouse a adhesión ao Reacpon, o programa extraordinario creado pola Deputación para a recuperación post-covid. De ser aprobada a solicitude, o Concello só tería que achegar 530.412,81 euros de fondos propios.

A ampliación e mellora da Biblioteca Municipal é unha necesidade que Vilagarcía arrastra dende hai anos, ao quedarse pequenas as actuais instalacións da Rúa Rei Daviña. A falta dun espazo apropiado - céntrico e o suficientemente amplo- para acoller este servizo, foi o primeiro gran obstáculo que o executivo de Alberto Varela salvou en 2019 coa compra da sede do Liceo-Casino por 450.000 euros. O segundo é o financiamento da reforma do local -concibido para uso social e recreativo- co obxecto de adaptalo ás necesidades dunha moderna biblioteca. E neste punto, como ven facendo dende o principio dos seus mandatos cos investimentos de gran envergadura, o goberno socialista xestionou a obtención de fondos doutras administracións para aliviar o desembolso a realizar polo Concello, neste caso aproveitando o programa provincial Reacciona Pontevedra.

A solicitude de adhesión a este programa xa foi aprobada na Xunta Local de Goberno, ao igual que os proxectos básicos e de execución da obra. Polo tanto, unha vez confirmada a subvención, o Concello xa estaría en disposición de sacar a licitación a obra que ten un prazo de execución de 12 meses. Dado que os fondos do Reacpon distribuiranse por concorrencia competitiva, en caso de non acceder a eles, o Concello ten igualmente dispoñibles fondos a través do crédito incluído nos orzamentos municipais de 2021, onde se reservaron 1.450.000 euros para esta importante e necesaria obra.

Reforma integral dun local de 50 anos de

O proxecto básico e de execución contratado á empresa Redondo, Valladares e Rodríguez Arquitectos S.L.P. ten dúas partes: o referido ás instalacións de servizos e o de reforma para adaptar os locais ao uso bibliotecario.
A antigüidade do inmoble, construído en 1972, xa fai preciso de por si renovar todas as instalacións existentes (electricidade, fontaneira, climatización...), deseñalas en base ás necesidades da biblioteca e adaptalas ás actuais normativas para este tipo de servizos. Pero ademais, hai que dotar aos locais de novas instalacións, como as de telecomunicacións.

A maiores, no proxecto sinálanse as importantes deficiencias que sofren os locais debido ao uso, desgaste, deterioro dos materiais e falta de mantemento; así como a necesidade de axustalos ás normativas de accesibilidade, seguridade de uso e contra incendios, eficiencia enerxética, insonorización, climatización e ventilación. As obras prevén solventar problemas de humidades e impermeabilizar as terrazas.

A segunda parte do proxecto céntrase en adaptar as dependencias aos usos bibliotecarios. Para isto, o proxecto prevé a demolición da práctica totalidade da tabiquería que compartimentaba os espazos do Liceo-Casino, para acoller a nova distribución, moito máis aberta e interrelacionada.

Os locais da antiga sede do Casino suman unha superficie total de 1.482 metros cadrados repartidos en 1.274 metros de superficie interior e 208 exterior (terraza e patios). As dependencias distribúense en tres niveis: baixo, entreplanta primeira e entreplanta segunda.

O acceso á biblioteca realizarase a través da entrada principal ao antigo Liceo-Casino, cun tramo de escaleiras dende a rúa Castelao e un ascensor adaptado, dende Xeneral Pardiñas, que permitirá chegar de forma directa a todos os niveis da biblioteca.

Os espazos principais da biblioteca (sala de lectura e zona infantil) situaranse próximos ás fachadas para aproveitar ao máximo a luz natural. Para isto se abrirán os ocos das ventás, para facelas máis amplas, polo que tamén se substituirá toda a carpinteira exterior.

A sala de lectura irá na zona do salón de baile. Organizarase en dous niveis aproveitando a galería existente, utilizando o baixo desta para situar unha liña de andeis a modo de depósito aberto de libros.

A hemeroteca emprazarase entre as dúas renxías paralelas orientadas cara a rúa Xeneral Pardiñas. A este espazo accederase directamente dende as escaleiras, e fronte a el se situará o mostrador de información e préstamo.

A zona da biblioteca infantil emprazarase na fachada que dá á Rúa Covadonga, separada da hemeroteca pola terraza.Tamén neste lateral irán a oficina de administración e dirección e a zona de ordenadores con acceso a internet.

O espazo central da planta, onde estaba a cafetería, converterase nun depósito aberto de libros, detrás do cal haberá outro pechado. Os espazos de almacenamento, instalacións e aseos distribuiranse en torno ao patio central do edificio. Tamén haberá aseos para os usuarios (de homes, mulleres e un adaptado) xunto a zona de lectura, dispostos na cara interna do edificio. E fronte a eles, ao outro lado do corredor, irá a zona de persoal, dotada de vestiario e aseos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -