_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía avanza no Pacto das Alcaldías coa elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable

O Concello vén de dar un novo paso no marco do Pacto Europeo dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía (PACES) ao que Vilagarcía se adheriu o pasado mes de febreiro mediante acordo plenario. Para dar cumprimento a un dos primeiros compromisos adquiridos, o executivo local púxose mans á obra para elaborar o Plan Municipal de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible mediante a adxudicación dos traballos de redacción á firma Inovalabs Digital. Este documento marcará as estratexias e determinará as medidas a adoptar no termo municipal para adaptar as políticas e actuacións ás novas normativas europeas en materia de medio ambiente e para contribuír a acadar os obxectivos da Axenda 20/30.
20.08.2021.- A redacción do PACES: Estratexia Plus de Vilagarcía ten un custe de 10.756,90 euros (IVE incluído) que corre a conta da subvención financiada con fondos europeos e da dirección Consellería de Medio Ambiente. O documento terá como obxectivos identificar e avaliar os desafíos e prioridades climáticas e enerxéticas existentes no municipio, seguir e informar do progreso cara aos compromisos adquiridos, informar e respaldar aos responsables da toma de decisións, comunicar os resultados ao público en xeral, permitir la auto avaliación, facilitar o intercambio de experiencias con iguais e demostrar os logros locais ao órgano coordinador do Pacto. O plan elaborado deberá ser revisado polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea.

Coa adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, Vilagarcía entrou a formar parte da lista de concellos europeos cuxos gobernos locais se comprometen voluntariamente a implantar os obxectivos establecidos pola UE en materia de coidado do clima e uso de enerxías sustentables ambientalmente. O PACES conta na actualidade en toda Europa con 7.000 entidades locais adscritas. En Galicia están adheridos actualmente 237 concellos dos 313 existentes.


Un camiño xa iniciado polo executivo local

A adhesión ao PACES é unha mostra máis do firme compromiso do goberno local de Vilagarcía coas políticas ambientais e de coidado do clima. Este compromiso vense plasmando dende hai xa anos en accións concretas como todas as que contribúen a reducir os niveis de CO2 (peonalizacións para reducir o tráfico de vehículos no centro da cidade; fomento do uso do transporte público colectivo con medidas como o VaiBus e o VaiBus+; a promoción do uso da bicicleta como medio de transporte alternativo e sustentable co servizo municipal de bicicletas do VaiBike; a ampliación do carril bici no paseo marítimo e entre Ferrazo e Canelas e a execución en curso das ciclovías; o VaiaPé para incentivar á xente a desprazarse camiñando pola cidade ou a creación de estacionamentos disuasorios).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -