_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Concello e Cáritas manterán a intensa e beneficiosa liña de colaboración na que levan traballando dende hai anos

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu esta mañá no Concello á nova presidenta de Cáritas Interparroquial de Arousa, Mar Viqueira, que acudiu acompañada do responsable diocesano da entidade, Anuncio Moiriño, para presentarse oficialmente e a dar a coñecer ao rexedor os plans da organización para esta nova etapa. Tras coller o relevo despois do repentino falecemento de Paco Fernández, Viqueira explicou que a súa intención é continuar a gran labor realizada polo seu antecesor.
20.08.2021.- Na xuntanza, Concello e Cáritas reafirmaron o compromiso mutuo de continuar a intensa e beneficiosa liña de colaboración que dende hai anos manteñen ambas entidades e que “tanto ben esta a facer ás persoas e s máis vulnerables e que máis o necesitan”.

A presidenta de Cáritas presentou ao alcalde a memoria da organización do ano 2020, na que se recollen os programas e servizos que presta, así como os resultados e as cifras económicas. O Concello de Vilagarcía participa en tres destes proxectos. En dous deles colabora economicamente a través das subvencións que concede anualmente a través dos Servizos Sociais municipais. No ano en curso, o Concello concedeu 40.000 euros a Cáritas Interparroquial (35.000 para contribuír aos gastos do comedor social e os 5.000 restantes para os da Casa de Acollida de San Cibrán). Ademais, a administración local tamén presta apoio ao proxecto de inserción laboral “Arroupa” mediante a exención das taxas de ocupación de solo público dos contedores que a ONG ten dispersos por distintos espazos públicos da cidade para o depósito e recollida de roupa usada.

Ademais, Cáritas participa tamén no Protocolo de Actuación posto en marcha xa hai anos polos Servizos Sociais Municipais con diversas ONG do municipio para crear unha rede de apoio social ampla, coordinada e eficaz.

Neste primeiro encontro oficial entre Varela e Viqueira non faltou a cariñosa lembranza de ambos a Paco Fernández, ao seu talante amable e colaborador e á gran labor que deixa en herdanza.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -