_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Vilagarcía ofrécese como Concello acolledor para os refuxiados afganos

O Concello de Vilagarcía ofrécese como municipio acolledor para os refuxiados afganos que están a fuxir do seu país ante o avance das forzas talibáns e a marcha dos militares estadounidenses. Para a posta en práctica desta medida humanitaria, o Concello dispón dunha vivenda e recursos propios para acoller e dar cobertura a estas persoas. O sistema será similar ao do piso municipal de acollida que o Concello xestiona a través de Cruz Vermella e polo que, dende a súa posta en marcha en maio de 2017, pasaron 44 persoas (15 familias) de diferentes nacionalidades que contaban con protección internacional.
19.08.2021.- Esta non é a primeira vez que o Concello de Vilagarcía se propón como municipio acolledor para refuxiados internacionais, posto que xa o fixera en setembro de 2015 cando o conflito bélico en Siria propiciou a dramática fuxida en masa cara Europa de milleiros de familias sirias.

Neste caso, o Concello conta xa coa experiencia do funcionamento do convenio de colaboración asinado con Cruz Vermella que, ademais de xestionar o piso municipal, tamén se encarga de proporcionar a estas persoas os recursos e as ferramentas necesarias para que poidan integrarse social e laboralmente no noso país. O Concello pon o piso e financia os gastos e a organización social cubre as necesidades básicas dos destinatarios do programa e préstalles atención social individualizada do tipo de alfabetización e aprendizaxe do castelán, acompañamento para a obtención de documentación e elaboración dun itinerario de inserción socio-laboral.

No caso de agora, será o propio Concello quen xestione directamente a acollida e preste o apoio aos refuxiados, complementando así a labor da vivenda conveniada con Cruz Vermella, que segue igualmente operativa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -