_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello reafirma o seu compromiso co pequeno comercio mediante a firma do convenio con Zona Aberta

O Salón Nobre do Consistorio acolleu este mediodía a sinatura do convenio anual de colaboración entre o Concello de Vilagarcía e a asociación de comerciantes Zona Aberta. A través deste acordo, o executivo socialista reafirma o seu compromiso co pequeno e mediano comercio da vila. A colaboración municipal plásmase nunha axuda de 15.000 euros destinada á contribuír ao desenvolvemento do sector comercial da cidade mediante o mantemento e promoción do comercio retallista.
18.08.2021.- O alcalde, Alberto Varela, e a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, foron os encargados de firmar o convenio no acto no que tamén participou a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones.

A subvención de carácter nominativo debe destinarse ao financiamento dos gastos de actividades e campañas de promoción e fomento do comercio local realizadas pola asociación ao longo do presente ano e que deben de recollerse nunha memoria final xustificativa. A feira de oportunidades Expoferta, a campaña de Volta ao Cole ou as dos días do Pai e da Nai son algunhas das iniciativas que neste sentido leva a cabo Zona Aberta.

O convenio anual con Zona Aberta non é máis que unha das moitas liñas de colaboración que o Concello mantén coa asociación de comerciantes de Vilagarcía, unha cooperación que vén de moito atrás pero que se ten intensificado de xeito importante no último ano e medio co obxectivo de axudar ao sector a paliar as perdas de ingresos orixinadas polos peches e o descenso da actividade durante a pandemia. Iniciativas directas como os bonos compra “Son da Casa”,

subvencionados polo Concello e que xa suman tres edicións, ou outras indirectas como a dinamización de rúas que atrae xente á cidade e anima á mercar e consumir no noso comercio e na nosa hostalaría (xardíns efímeros e mercado de Nadal, concursos de escaparates, o “EspaVila” actividades festivas…) son só algunhas mostras das propostas que o Concello puxo en marcha para revitalizar a actividade comercial e tamén a hostaleira do municipio.

Estas liñas de colaboración son froito tamén do contacto permanente que a responsable de Promoción Económica mantén co sector para poñer en común as estratexias a desenvolver e as accións a través das cales materializalas, como xa se recolle no Plan de Promoción e recuperación Económica “Vilagarcía 20/21 deseñado polo Concello e dotado con máis de 1 millóns de euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -