_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Joe Dante, director de "Gremlins", recibirá o premio de honra de Curtas Festival do Imaxinario

O lendario realizador norteamericano Joe Dante será o convidado de honra da 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, onde recollerá o galardón honorífico na gala de clausura do festival, o sábado 30 de outubro, en recoñecemento á súa enorme contribución ao xénero fantástico.
18.08.2021. Nado en 1946 en Morristown, Nueva Jersey, Dante comezou a súa carreira como editor para o produtor Roger Corman, ata que deu o salto a dirección con “Hollywood Boulevard” (1976), filme que co-dirixiu xunto a Allan Arkush. En 1978 debutou en solitario con “Piraña”, escrita por John Sayles, co que voltou a colaborar en “The Howling (Ouveos)” (1981) que este ano celebra o seu 40 aniversario.

En 1983 comezou unha exitosa colaboración con Steven Spielberg como produtor, dirixindo un dos segmentos da adaptación cinematográfica da serie “The Twilight Zone”. Colaboración que continuou coa exitosa “Gremlins” (1984), a súa secuela “Gremlins 2” (1990) ou “O chip prodixioso” (1987). Ademais de asinar outros títulos como “Exploradores” (1985), “Non matarás o veciño” (1989), “Matinee” (1993), “Pequenos guerreiros” (1998), “Burying the Ex” (2014), ou a antoloxía "Nightmare Cinema" (2018), a súa última longametraxe ata o momento.

Como parte da homenaxe, Curtas Festival do Imaxinario acollerá un encontro co realizador e unha retrospectiva con varios títulos, así como unha exposición con reproducións de varios sets a tamaño real, pezas orixinais de "Gremlins", que se complementará coa homenaxe de varios ilustradores internacionais á película.
PRIMEIROS TÍTULOS CONFIRMADOS

Unha gran selección do mellor do cinema fantástico mundial darase cita en Curtas Festival do Imaxinario con títulos como "The Spine of Night", filme de animación dirixido por Philip Gelatt e Morgan Galen King, que nos traslada a unha terra de fantasía nos que coñeceremos a loita de heroes de diferentes épocas contra unha poderosa forza maligna; "Son", escrita e dirixida por Ivan Kavanagh, na que unha nai chegará ata o límite para protexer ao seu fillo dunha perigosa seita; ou a historia de maldicións familiares de "The Accursed", de Kathryn Michelle e Elizabeta Vidovic.

Desde Galicia, e a ritmo de black metal, chegará o terror rural de "Jacinto", de Javi Camino tras o seu paso polo Festival de Sitges; e desde Taiwan fará o propio "The Sadness", o debut de Rob Jabbaz cuxa premiere mundial acaba de ter lugar no festival de Locarno, para tinguir de vermello a pantalla de Curtas nunha sesión especial que permanecerá na memoria dos asistentes durante anos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -