_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello organiza un servizo mínimo de socorrismo na Compostela mentres o resto do persoal pasa a corentena

O Concello de Vilagarcía vén de organizar ao persoal dispoñible para manter aberto o posto de socorro da praia de Compostela despois de que todo o persoal deste punto tivera que ser confinado dende o sábado por ser contactos directos dun compañeiro afectado por covid. Co obxectivo de velar pola seguridade dos bañistas e que estes poidan recibir atención durante as horas de maior afluencia ao areal, establecéronse uns servizos mínimos que estarán operativos todos os días, en horario de tarde (de 15 a 20 horas) ata que se poida restablecer o servizo en plenas condicións.
17.08.2021.- A organización destes servizos mínimos fíxose a través da coordinación das concellerías de Praias e de Seguridade Cidadá e Protección Civil e contouse coa plena disposicións dos socorristas que permanecen en activo ao non ter estado en contacto co afectado e que realizarán as quendas extras a conta dos seus días libres, así como coa colaboración da agrupación de voluntarios de Protección Civil. Deste xeito, un socorrista prestará o servizo de vixilancia e atención polas tardes contando co apoio dende o mar dunha embarcación de Protección Civil tripulada por dous voluntarios.

Pese a este esforzo por manter a prestación e garantir a seguridade dos bañistas, a bandeira azul aínda terá que permanecer izada ata que o servizo non se poida restablecer en plenas condicións: é dicir, cos horarios e co número de socorristas que corresponden segundo as ratios establecidas pola Adeac para un areal das dimensións e o número de visitantes como os que ten a Compostela.

Polo momento, segue habendo un único caso positivo de covid entre o plantel de socorristas adscritos ao posto da Compostela. O servizo da praia de Bamio, tamén de bandeira azul, mantense con total normalidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -