_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello inicia a obra da cuberta do patio da Escola Unitaria de Aralde

O Concello de Vilagarcía inicia esta semana as obras de construción da cuberta do patio da Escola Unitaria de Aralde, unha actuación demandada dende hai tempo pola comunidade escolar e que o executivo socialista se comprometeu a executar ante a falta de apoio da Consellería de Educación. Os traballos consistirán en instalar unha cuberta, a modo de soportal, na zona do patio dianteiro, onde os nenos poidan xogar e airearse tamén nos días de choiva sen quedar expostos ás inclemencias do tempo. O Concello inviste nesta actuación 22.600 euros de fondos propios.
17.05.2021.- A cuberta a instalar pola firma pontevedresa GPD Construcciones S.A. incluirá unhas partes translúcidas para facilitar que a luz natural chegue igualmente á zona de xogos. A obra inclúe as canalizacións para a recollida de augas pluviais dende a cuberta e, aproveitando os traballos, realizarase tamén a conexión do centro á rede municipal de saneamento

Para financiar esta obra, o Concello, ademais de redactar o proxecto, tivo que buscar o financiamento necesario a través dunha modificación de crédito aprobada en Pleno. Como xa se dixo no seu momento, a administración local non está obrigada a investir en actuacións que corresponden a outra administración, neste caso á autonómica, pero o executivo socialista decidiu asumir o gasto, en defensa dos cativos que acoden ao centro, como xa fixo outras veces, como co ximnasio do colexio de Rubiáns ou co comedor do Piñeiriño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -