_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O goberno local reafirma o seu compromiso coa mobilidade sostible e a defensa do medioambiente

O goberno local reiterou hoxe o seu compromiso coa mobilidade sostible e a defensa do medioambiente nun momento en que acaba de ser aprobada a Lei de Cambio Climático, ao tempo que entraron en vigor as novas normas de tráfico que implantan a zona 30 nas cidades e en Vilagarcía arrancaron as obras das primeiras ciclovías (véxase PDF adxunto).
15.05.2021. Nunha rolda de prensa protagonizada polo alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, ambos lembraron que facer unhas cidades máis humanas, con preferencia para os peóns e menos protagonismo para os vehículos de motor vén ditado polas normativas europeas e estatais, conscientes de que o planeta é único e que só será viable se camiña cara un desenvolvemento sostible. Paola María subliñou, neste sentido, a axenda 2030 da ONU, que dedica 5 dos seus 17 eixos a mellorar a eficiencia enerxética no transporte. A concelleira destacou que o 25% das emisións de C02 á atmosfera procede do transporte e desta cantidade, o 80% ao movemento de vehículos por estrada.

Por esa mesma razón, indicaron Varela e María, o concello vén traballando dende hai tempo nas humanizacións de rúas e prazas, na accesibilidade, na procura dunha mobilidade sostible e o fomento do transporte alternativo, todo iso substanciado no programa VAI! de mobilidade, que inclúe o Vaibike!, o Vaibús! e o Vaiapé!

É neste contexto no que se vai desenvolver a rede de ciclovías da que se vén informando puntualmente dende que se deseñou o proxecto en 2017, e que arrancou esta semana na fase que afecta á avenida de Rodrigo de Mendoza. A través de planos, María explicou os detalles do proxecto e subliñou o que se vai gañar non só en mobilidade alternativa, senón tamén en seguridade e calidade medioambiental.

Aparcamentos alternativos
Obviamente, esas melloras implicarán a perda de varias decenas de aparcamentos, pero é unha perda relativa é porque, en realidade, esas prazas se crean noutro lugar, e a escasa distancia e tempo de onde estaban as anteriores. Así, María Mochales lembrou que no aparcamento disuasorio da finca do Ouro, ao pe da avenida de Rodrigo de Mendoza, só se ocupan diariamente 70 estacionamientos, cando pode acoller ata 350. E o mesmo ocorre no parking de Fexdega, onde cada día hai máis de 200 prazas baleiras na parte posterior do recinto feiral.

Pola súa banda, o alcalde citou que boa parte das obras se financian con fondos europeos, que son moi estritos e esixen investimentos relacionados coa redución das emisións contaminantes á atmosfera. Varela insistiu en que non hai máis remedio que camiñar cara unhas cidades máis humanizadas e iso esixirá, ademais de investimentos, un cambio de mentalidade con respecto, por exemplo, a o uso do coche, dos aparcamentos disuasorios, do transporte colectivo e dos medios alternativos de mobilidade, como a bicicleta. “Non vale de nada que pidamos máis estacións do Vaibike! Se antes non garantimos a seguridade dos ciclistas e dos peóns”, resumiu o alcalde.

Como demostración da súa aposta, e do seu goberno, pola senda que hai que seguir para deixar unha Vilagarcía mellor ás futuras xeracións, o rexedor destacou que a zona 30 xa se impuxo na cidade dous anos antes de que fóra obrigatoria en todo o territorio nacional tralos cambios no regulamento da DXT.

Consulta aquí o proxecto das ciclovías de Vilagarcía:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -