_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e Subdelegación do Goberno protexen a 46 vítimas de violencia de xénero a través do convenio VioXén

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Vilagarcía reuniuse esta mañá nunha sesión extraordinaria co obxectivo de renovar o convenio VioXén, mediante o cal se establecen os protocolos de protección e seguimento das vítimas de violencia machista do territorio municipal. A través deste sistema de seguridade integral, o ano pasado estaban rexistradas en Vilagarcía 46 vítimas, 44 das cales gozaban dalgún tipo de protección. No que vai do 2021, computáronse 12 novos casos dos que 7 están aínda activos.
21.04.2021.- Alcalde, Alberto Varela; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; e a comisaria provincial, Estibaliz Palma asinaron a renovación do convenio VioXén , a través do cal, entre outros aspectos , establécese o procedemento de colaboración e coordinación das forzas de corpos de seguridade do estado para a protección das vítimas de violencia machista. Segundo este protocolo, das 46 vítimas rexistradas o ano pasado, a Policía nacional encargouse do seguimento de 36 e a Policía Local de Vilagarcía das 10 restantes.
Segundo os datos facilitados pola subdelegada do Goberno, entre os 46 casos rexistrados o ano pasado non había ningún de risco extremo. Maila isto, 2 casos consideráronse de risco alto, 10 medio e 21 de risco baixo. Nos 13 casos restantes non se apreciou risco algún.
En relación aos 12 casos rexistrados no primeiro trimestre de 2021, 5 considéranse de risco medio, outros 5 baixo e en 2 no se aprecia risco.
Larriba tamén ofreceu os perfís de vítimas e agresores, que maioritariamente coinciden con persoas de 31 a 45 anos de nacionalidade española. No caso das vítimas, o 43% son mulleres de 31 a 45 anos de idade, franxa de idade que tamén concentra ao 47% dos agresores.

En canto á nacionalidade dos 46 casos vilagarciáns, 39 das vítimas e 37 dos agresores son de nacionalidade española, fronte as 7 mulleres vítimas e 9 agresores de nacionalidade estranxeira.

Outros municipios do partido xudicial

A subdelegada do Goberno tamén informou sobre o número de casos de violencia machista rexistrados en 2020 nos demais municipios que conforman o partido xudicial de Vilagarcía e que, como é lóxico, van en proporción ao número de habitantes. Así, en Catoira constan 10 casos, na Illa 6 e en Vilanova 11. Sumados aos de Vilagarcia, no partido xudicial, a Policía Nacional e Local máis a Garda Civil fixeron seguimento e encargáronse da protección dos 76 casos existentes.

A excepcional situación que vivimos en 2020 coa pandemia incidiu tamén nas estatísticas relativas á violencia de xénero. Segundo explicou Larriba, durante os meses de confinamento total, o número de denuncias descendeu de forma moi importante respecto ao ano anterior, mentres que unha vez iniciada a desescalada do estado de alarma, comezou a reescalada das denuncias. Esta circunstancia demostra en palabras da responsable gubernamental, que a violencia de xénero non desapareceu durante o confinamento, senón que a imposibilidade das vítimas de acudir a cursar denuncia suspendeu temporalmente o rexistro de casos, que se incrementou exponencialmente tan pronto como rematou o confinamento. Outra dos datos significativos que ilustran a situación vivida é que, mentres que o número de denuncias caeu en picado durante o confinamento, aumentouse tamén de xeito pronunciado o número de chamadas a través do teléfono 106 para axuda á muller maltratada.

Seguir loitando para chegar á taxa 0

O alcalde agradeceu aos representantes dos corpos e forzas de seguridade a gran labor e o esforzo realizado para dar sustento ao convenio VioXén e garantir a seguridade e protección das vítimas de violencia de xénero. Varela Paz apuntou que, aínda que o número de casos existentes en Vilagarcía poida semellar pequeno en relación á poboación municipal “a min paréceme enorme. Nos tempos que vivimos non se pode permitir que ninguén abuse por motivo de xénero doutro ser humano. Temos que seguir loitando como sociedade para acabar con esta lacra e conseguir que a taxa de violencia machista sexa cero”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -