_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Emerxencias acompaña aos escolares ata o colexio de Vilaxoán mentres se arranxa o burato na rúa Sobrán

Operarios de Espina Delfín e do Concello traballan dende primeira hora desta mañá no arranxo do burato aparecido onte pola tarde na Rúa Sobrán. Aínda que a rúa segue aberta ao tráfico, as obras impiden o paso de vehículos de grandes dimensións, como o autobús escolar. Ata que non se rematen os traballos, para chegar ao colexio os escolares terán que facer o último tramo a pé. Persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil os acompaña para garantir a súa seguridade.
21.04.2021.- Mentes, o autobús parará á altura da igrexa para deixar e recoller aos escolares que cubrirán a pé a distancia ata o colexio, compañados por efectivos de Emerxencias e Protección Civil. O sistema xa se puxo en marcha esta mañá, ao ter o Concello concretado o procedemento onte pola noite coa empresa de transporte e o colexio.

Como xa acontecera noutras ocasións, o burato aparecido na calzada abriuse descubrindo unha zona máis ampla do subsolo completamente minado pola erosión de unha corrente de auga procedente dunha rotura do saneamento. Os traballos para abrir a calzada en toda a extensión da cavidade, repoñer o tubo do saneamento e renovar o da auga, rechear a zanxa e volver a cubrir o firme poden prolongarse dúas xornadas. Os operarios municipais traballarán en quenda de mañá e tarde para axilizar ao máximo a obra e que o servizo escolar poida volver á normalidade canto antes.

A problemática non é nova e, de feito o goberno local xa ten programado para este ano un investimento de 600.000 euros con cargo ao Plan Concellos para renovar os servizos da Rúa Sobrán e acondicionar e humanizar a superficie. O proxecto presentouse hai unhas semanas e estase á espera de que a Deputación autorice o investimento para poder sacar a licitación as obras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -