_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As catorce vivendas máis illadas de Pedramogueira xa dispoñen de saneamento

As catorce vivendas máis illadas de Predramogueira xa dispoñen de servizo de saneamento municipal. O Concello de Vilagarcía vén de rematar a ampliación da rede para chegar á parte máis alta deste lugar pertencente á parroquia de Sobrán, obra de complexa execución pola diferenza de cotas, na que se investiron 112.330 euros financiados a través do Plan Concello. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o deputado provincial, Santos Héctor, xunto cos concelleiros Lino Mouriño, Tania García e José María González, visitaron a obra acompañados de tres representantes da asociación de veciños de Galáns.
17.04.2021.- O goberno de Vilagarcía atende con esta obra unha vella demanda dos veciños da zona e cumpre o compromiso adoptado no seu día de facer chegar o saneamento a esas pouco máis de dez vivendas dispersas situadas na parte máis alta deste lugar de Renza. Benito Ínsua, vicepresidente do colectivo veciñal, agradeceu ao executivo socialista que, pese ao elevado custe que tiña debido as características do terreo, teña feito realidade unha obra tan necesaria e que tanto tempo levaban demandando. Varela tamén agradeceu aos veciños a súa insistencia e tesón para conseguir esta obra, sempre dende un punto de vista construtivo.

Control demótico dos bombeos

Debido ás variacións de cotas existentes, antes de redactar o proxecto foi preciso realizar un estudio topográfico e de enxeñería civil para determinar a traxectoria máis idónea para as conducións de impulsión e para o emprazamento dos pozos de bombeo.

O concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño explicou que a obra, executada por Espina e Delfín, ademais de instalar un 80 metros de canalización do saneamento para dar servizo ás vivendas, precisou a instalación de algo máis de un quilómetro de tubaxes de impulsión e a colocación de pozos de bombeos. Mouriño comentou que a maquinaria de bombeo instalada é das máis modernas, con sistemas de recollida e decantado de terra para evitar que os pousos avarían as máquinas, e con sistema de control demótico que fai saltar a alarma cando detecta unha anomalía ou mal funcionamento, de xeito que se axiliza o proceso de reparación, minimizando así os efectos dunha avaría.

O deputado de Cooperación cos Concellos destacou a importancia de obras de saneamento deste tipo que, pese a afectar a poucos habitantes, resultan imprescindibles para mellorar a súa calidade de vida e tamén para contribuír a un mellor coidado do medio. Neste punto, agradeceu ao goberno local de Vilagarcía que se preocupe por atender reivindicacións como a destes veciños e por garantir que o saneamento chega a os lugares máis afatados do municipio.

Pola súa banda, o alcalde lembrou que para o saneamento é un dos servizos aos que este goberno presta maior atención dende o inicio do mandato cando, lembrou, un investimento de 250.000 euros que o anterior goberno do PP ía a destinar á compra de xogos para a praia, cambiouse para mellorar a rede de saneamento de Carril que presentaba graves carencias que ocasionaban verquidos ao mar. Varela Paz incidiu en que as obras de reforma estética son necesarias, “pero máis o son as de renovar e manter en bo estado as tripas da cidade, aínda que non sexan tan vistosas”. Por iso, engadiu, todos os proxectos de reforma de rúas que está a facer este goberno levan consigo a parte correspondente de mellora das redes de saneamento”. O rexedor fixo fincapé no forte investimento que o seu goberno leva realizado en saneamento dende que accedeu á Alcaldía, e que supera xa os 2,5 millóns de euros.

Pola súa banda, Mouriño anunciou outras actuacións xa planificadas para continuar ampliando a rede ás novas vivendas que se van construíndo en zonas illadas ou ramais de rúas distantes das conducións xerais, como as que está previsto realizar na Rúa Pena, de Trabanca Badiña, e na Rúa Verderol, na zona das Carolinas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -