_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
A campaña de vacinación continúa esta semana e a que ven en Fexdega

A colaboración do Concello de Vilagarcía co Sergas para axilizar o ritmo de vacinación mantense esta semana e todo o tempo que sexa necesario. A posta a disposición do recinto feiral de Fexdega para desenvolver o proceso inclúe, entre onte e o vindeiro mércores, seis novas xornadas nas que o Sergas ten previsto vacinar a outras 2.500 persoas da comarca.
14.04.2020.- Esta nova quenda de vacinación en Fexdega comezou onte e seguirá hoxe con sesións de mañá e tarde, coa previsión de que en cada xornada pasen polas instalacións 600 persoas. Tras descansar o xoves e venres, o recinto da Maroma volverá a funcionar como punto de vacinación contra a covid o sábado e o domingo, aínda que nestes casos, só en horario de mañá estando citadas 300 persoas o primeiro día e 400 o segundo. A semana que ven, volverase a actuar o martes e o mércores en xornada completa, cunha media de 600 citas por día.

Lémbrase que só deben acudir a Fexega as persoas previamente citadas polo Sergas e que deberán facelo á hora indicada, non antes, para que non se produzan concentracións e o proceso flúa como está previsto. Ata o de agora os usuarios citados en Fexdega está respondendo do xeito solicitado, non tendo producíndose ningún problema. Tamén se recorda ás persoas citadas que, na medida do posible, leven roupa que permita descubrir o ombreiro con facilidade para non demorar os proceso cando lles toque poñer a inxección.

Ademais de poñer a disposición as instalacións de Fexdega para desconxestionar os puntos habituais de vacinación e facilitar a atención a maior volume de persoas en espazos máis amplos que permitan manter as correctas distancias, o Concello tamén colabora proporcionando recursos humanos, xa que será persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e de Fexdega o que se encargue de sinalizar os corredores de acceso e saída e controlar o acceso ás instalacións, segundo os horarios das citas previamente concertadas polo Sergas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -