CONCELLO
Consternación en Ravella polo falecemento de Paco Fernández, presidente de Cáritas de Arousa durante 16 anos O inesperado falecemento de Paco Fernández, presidente de Cáritas Interparroquial de Arousa dende febreiro de 2005, deixa un enorme baleiro en Vilagarcía e a máis fonda consternación no Concello de Vilagarcía. Nestes duros e tristes momentos, o goberno local traslada o seu pesar e as súas condolencias á familia de Paco facéndoas extensivas a toda a familia de Cáritas, organismo ao que se entregou en corpo e alma nos últimos 16 anos, facendo unha gran labor social.
13.04.2021.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, destaca a “afabilidade e positivismo dun home que sempre te recibía cun sorriso e que sempre estaba disposto a botar unha man. Era unha boa persoa que merece o noso maior agradecemento e para o que todos os recoñecementos que se lle poidan dar serán poucos. A súa morte representa unha perda incalculable para a sociedade de Vilagarcía e do resto da comarca”. Pola súa banda, Tania García, concelleira de Servizos Sociais e que, ademais dunha longa amizade, mantiña unha intensa relación profesional con Paco Férnandez través do protocolo de colaboración do Concello coas ONGs, con grande pesar e moito cariño asegurou que “váisenos un dos mellores, un home que tanto ten dado e feito por axudar aos máis desfavorecidos”.