_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O curso “O Cine como linguaxe” abre co cartel de “completo”o ciclo formativo da USC para maiores de 50 anos

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle mañá a primeira sesión do primeiro dos tres cursos gratuítos para maiores de 50 anos organizados pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Vilagarcía. Trátase do seminario “O cine como linguaxe” que, como o resto das actividades programadas para os seguintes días, ten cubertas na as 30 prazas ofertadas. Como cabía esperar, o ciclo dirixido a persoas da comarca do Salnés contou cunha excelente acollida ao terse rexistrado o dobre de inscricións (61) que prazas dispoñibles. As persoas que non entraron nas actividades pasan a formar parte da lista de agarda á que se recorrerá en caso de producirse algunha baixa.
12.04.2021.- Os tres seminarios previstos entre mañá e o 23 de abril versarán sobre a linguaxe cinematográfica, a escritura da historia e o cambio climático. Cada unha delas, impartirase en dúas xornadas a desenvolver en horario de tarde (de 16.30 a 18.00 horas). A primeira de contido teórico e a segunda, práctico.

O profesor e investigador da USC, Álvaro Dosil Rosende, será o encargado de dirixir “O cine como linguaxe” que se impartirá mañá e pasado. O 15 e 16 de abril será a quenda da actividade “Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura”, impartida por Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia e profesor do Programa Universitario de Maiores da USC. E por último, os días 21 e 23 de abril celebrarase o curso “Cambio climático, ou o que podemos perder”, impartido por José Antonio Rodríguez Añón e Xurxo Proupín Castiñeiras, profesores titulares de Física Aplicada da USC e do Programa Universitario de Maiores da USC. Este seminario inclúe unha visita á Estación de Tratamento de Augas Residuais de Vilagarcía o último día.

Estas accións formativas enmárcanse no Programa Universitario para Maiores “IV Ciclo” que organiza a USC co obxectivo de democratizar o coñecemento e dar opción ás persoas maiores a formarse ou a ampliar os seus estudos a través da propia universidade con actividades puntuais como estas. Para centrarse na poboación concreta de cada unha das áreas na que organizan as actividades deste programa, os cursos a impartir en Vilagarcía estaban destinados exclusivamente a veciños da cidade ou dos municipios do Salnés. Outro dos requisitos a cumprir é que as persoas inscritas tiñan que comprometerse a asistir aos tres cursos. As persoas que completen a formación nos tres seminarios recibirán o correspondente diploma acreditativo. Este entregarase nun acto final a celebrar na sede universitaria en Compostela o próximo outono.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -