_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello recibe 236 solicitudes das Axudas Municipais á Reactivación, a maioría do sector hostaleiro

Rematado hai uns días o prazo para solicitar a concesión das Axudas Municipais á Reactivación Económica, o Concello de Vilagarcía recibiu un total de 236 peticións cursadas. Máis da metade das solicitudes, 134 concreto, correspóndense a establecementos hostaleiros, o sector máis afectado polos peches preventivos a consecuencia da pandemia. O Concello de Vilagarcía dispón dunha partida de 200.000 euros para financiar estas axudas directas que oscilan entre os 300 e os 800 euros. Os primeiros expedientes de concesión das axudas xa se aprobaron na Xunta Local de Goberno celebrada esta mañá.
12.04.2021.- Ésta é a segunda convocatoria realizada en menos de un ano pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía para a concesión de axudas directas destinadas a tratar de minorar as perdas sufridas polos sectores da hostalaría, pequeno comercio e sector servizos da economía local durante a crise sanitaria. Con estas axudas, que son compatibles coas de outras administracións, preténdese evitar a perda de actividade por peches definitivos, manter o emprego e a competitividade e constituír un revulsivo para a recuperación.

A maiores das solicitudes presentadas por bares, cafeterías, restaurantes e demais locais de hostalaría, o segundo grupo máis numeroso é do pequeno comercio, seguido xa a distancia por pequenos negocios do sector servizos e algún do sector turístico.

As axudas teñen dúas modalidades: as destinadas aos negocios obrigados ao peche, e as dirixidas a outras actividades que, sen estar obrigadas, sufriron un descenso de facturación como consecuencia das restricións da pandemia. No primeiro grupo as axudas serán de 600 para os titulares dun só local afectado, e de 800 si se posúen máis de un. O importe das subvencións para os negocios non obrigados a baixar a persiana é de 400 euros para un só local e de 600 si un mesmo titular rexenta máis de un establecemento. A maioría das solicitudes cursadas correspóndense con axudas de 600 euros.

Os gastos subvencionables, e que os interesados terán que acreditar, son os gastos fixos realizados ou devengados entre o 1 de novembro de 2020 e o día de presentación da solicitude. Os anteriores a estas datas xa foron obxecto da anterior convocatoria das axudas. Precisamente, nesa edición presentáronse 533 solicitudes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -