_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os vilagarciáns poden solicitar o pago personalizado das taxas e impostos municipais ata o 30 de abril

O Concello de Vilagarcía de Arousa xa está en disposición de poñer en marcha o novo sistema de pago de impostos á carta. Os contribuíntes de Vilagarcía que o desexen poden solicitar acollerse a un Plan Personalizado de Pagos que eles mesmos deseñarán para acomodar as súas obrigas fiscais anuais co Concello aos prazos que mellor lle conveñan, podendo facelo en 11, 6, catro ou 1 mensualidades. O prazo para solicitar o Plan para este ano 2021, remata o 30 de abril.
08.04.21.- Para informar a todos os veciños desta nova modalidade que oferta o executivo socialista para facilitar aos vilagarciáns o pago das taxas e impostos municipais, o Concello pon en marcha hoxe unha campaña consistente na distribución de 12.500 polípticos, que chegarán a outros tantos domicilios a través do buzoneo, nos que se explica ao detalle en que consiste o Plan Personalizado de Pagos, as opcións existentes, e a forma de solicitalo.

O Plan Personalizado de Pagos é unha opción voluntaria que o contribuínte pode elixir se o desexa e nas modalidades que se especifican. No caso contrario, seguiríase utilizando o sistema actual, de pasar ao cobro cada recibo en base ao calendario fiscal que rexe ata o momento.

Impostos incluídos e cota mínima
Os impostos que son susceptibles de entrar no plan de pagos personalizado son todos aqueles incluídos no padrón municipal: IBI, saneamento, lixo, circulación, vados e IAE. Os requisitos para poder acollerse ao plan personalizado de pagos son que o interesado teña unhas obrigas tributarias anuais mínimas de 100 euros e que a cota mensual a fixar non sexa baixe dos 15 euros.

A utilización do plan de pagos non conlevará ningún tipo de recargo dado que o que o goberno socialista pretende con esta medida é axudar aos veciños a que poidan afrontar as súas obrigas fiscais co Concello dándolles as maiores facilidades posibles.
O contribuínte poderá cancelar o seu plan de pago cando o desexe. E os que o teñan aprobado non o terán que renovar cada ano, senón que se lles prorrogará de forma automática.

En caso de impago dun dos prazos establecidos no plan, o Concello sumará a débeda ao recibo do seguinte prazo. De producirse un segundo impago, o Concello cancelará o plan de pagos dese contribuínte pasando a requirir o abono das obrigas fiscais a través das vías legais habituais.

Prazos excepcionais para o ano da entrada en vigor e cita previa

Dado que este sistema estréase este ano, ao estar iniciado o exercicio económico, de forma excepcional, en 2021 só se dará a opción de dividir a carga fiscal de cada contribuínte en 6 mensualidades. A partir do ano que ven, cada persoa poderá optar polas opcións antes sinaladas (1, 4, 6 ou 11 meses).
Como xa se comentou, para este primeiro ano, establécese un prazo de solicitude ata o 30 de abril para poder acollerse a este sistema xa no actual exercicio en curso. Os interesados poden facer o trámite directamente de forma telemática a través de sede.vilagarcia.gal. En caso de non dispoñer dos medios, tamén poden dirixirse ao Concello para reservar cita previa a través da mesma sede electrónica ou do teléfono 986 56 58 51.

A partir de 2022, a solicitude para acollerse ao Plan Personalizado de Pagos poderá facerse en calquera momento do ano, sempre antes do 1 de decembro do exercicio previo ao que se pretende iniciar co pago á carta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -