_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello destaca o valor da interculturalidade no marco da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano

Mañá, 8 de abril, é o Día Internacional do Pobo Xitano, conmemoración á que o Concello de Vilagarcía de Arousa volve a sumarse destacando o valor da interculturalidade como factor de enriquecemento nunha sociedade. Tamén no marco do #DíaInternacionaldoPoboXitano, os Servizos Sociais municipais, a través do programa de Inclusión Social que desenvolve coa comunidade xitana de Berdón, realizará unha serie de actividades para incidir nos valores da integración e da tolerancia entre culturas, actividades que este ano non poderán incluír actos públicos comunitarios como en edicións anteriores, debido ás restricións sanitarias da pandemia.
08.04.21.-Maila isto, un mural elaborado polos menores que participan no programa moverase polas redes sociais do Concello e polos medios de comunicación para concienciar a toda a poboación de Vilagarcía de que, máis aló das diferenzas propias de cada cultura, todos compartimos o ser vilagarciáns.

“Xitanos? Si. Vilagarciáns? Tamén” é o título que leva o programa de Inclusión Social que dende o ano 2018 desenvolven os Servizos Sociais municipais coa poboación xitana de Berdón e Trabanca Badiña e que se financia a través do Fondo Social Europeo. A través deste proxecto trabállanse cos participantes aspectos como a busca e mellora de vivenda e realízanse labores socio educativas e interculturais, tratando de promover a participación social deste colectivo e impulsando a súa integración no resto da comunidade vilagarciá.

No marco das actividades que se realizan coa poboación infantil e xuvenil, ademais das tarefas de apoio educativo orientadas ao plano académico, nas últimas semanas e como introdución á conmemoración do 8A, tamén se traballou cos menores aspectos socio educativos relativos á loita contra os estereotipos e prexuízos asociados a diferentes etnias ou colectivos minoritarios e contra á discriminación que sofren por ser diferentes á maioría. A educación en valores como a tolerancia, o respecto, a igualdade e a interculturalidade son outros dos temas que traballaron os menores e que plasmaron nun mural co que pretenden chegar á poboación xeral para facerse máis visibles e dar a coñecer a súa cultura, concienciar e sensibilizar á veciñanza e dar un paso máis cara a integración e a inclusión no conxunto da sociedade vilagarciá.

Trinta e un rapaces e rapazas de 3 a 17 anos participaron nestas actividades realizadas no marco do programa municipal que a partir de mañá se difundirán a través dos medios de comunicación e nas redes sociais do Concello de Vilagarcía para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -