_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Concello licita a redacción do proxecto de ampliación e mellora da piscina municipal de Fontecarmoa

A plataforma de contratación do Concello vén de publicar a licitación da redacción do proxecto técnico para a ampliación e mellora das instalacións da piscina municipal de Fontecarmoa. Cun prezo de saída de 99.425 euros incluídos, o contrato inclúe, ademais da redacción do anteproxecto e do proxecto básico e de execución, a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
07.04.2021.- A contratación do proxecto no é o primeiro paso dado polo executivo socialista para materializar esta demandada actuación, xa que previamente realizouse unha memoria de necesidades e valoración económica, adquiríronse por 114.364 euros os terreos contiguos ás actuais instalacións e xa se habilitou a partida económica de 600.000 para financiar a parte da obra que debe asumir o Concello e que se completará con fondos europeos da EDUSI.

Os interesados en redactar o proxecto de ampliación e mellora das instalacións das piscinas municipais de Fontecarmoa dispoñen de prazo ata as 14 horas do día 21 de abril para presentar as súas propostas. O adxudicatario terá 3 meses e medio para efectuar e entregar o traballo. A partir de aí redactaranse os pregos para licitar as obras que terán que executarse nun máximo de 10 meses, incluído o prazo para elaboración do proxecto.

Segundo a memoria previa elaborada para detallar o estado actual da piscina, coñecer as súas necesidades e perfilar as actuacións a acometer, o custe estimado das obras a proxectar situaríase en torno ao 1.315.606 euros. Nesa memoria proponse como a solución a adoptar a construción dun novo vaso de 25x12,5 metros como ampliación da piscina municipal, nun volume independente pero conectado funcionalmente co actual mediante un paso ou corredor cuberto. O proxecto de ampliación tamén deberá contemplar a reparación ou nova solución arquitectónica para a actual galería acristalada, que presenta graves problemas de estanquidade.

Os pregos concretan que a ampliación desenvolverase nun edificio dunha única planta, e deberá resolver os accesos separados de deportistas e público asistente ás competicións.
Ademais, deberá prever a construción dun nivel de soto onde instalar os sistemas de depuración e climatización, o vaso de compensación, o outros equipamentos necesarios para o funcionamento da piscina. Así mesmo, o edificio pode contar cunha entreplanta técnica para aloxar en superficie os sistemas de ventilación.

Unha media de 3.500 usuarios ao mes

A actual piscina municipal de Fontecarmoa construíuse hai máis de 25 anos para dar resposta á demanda dos habitantes de Vilagarcía. Conta cun vaso principal de 25 metros de longo e un de uso infantil máis pequenos. As instalacións compleméntase con zona SPA, vestiarios e ximnasio.

A practica deportiva na piscina foi medrando de forma constante ao longo dos anos tanto polos propios socios das instalacións que van de xeito individual (uns 1.900), como os que acoden aos cursiños ofrecidos pola concesionaria (unha media de 600 anuais), e aos que se suman os membros do club de natación e salvamento, así como os socios da Fundación Municipal de Deportes (uns 1.200) que ao obter o carné teñen acceso gratuíto unha vez ao mes á piscina. A maiores, as instalacións acollen as prácticas dos obradoiros municipais de emprego para a formación de socorristas.

Segundo se valora na memoria, a piscina, nun ano normal, conta cunha media mensual de 3.500 usuarios, o que fai que nas actuais condicións se atope saturada e que sexa imposible satisfacer axeitadamente toda a demanda existente, así como acoller a celebración de competicións.

A estas razóns súmase o normal deterioro que foron sufrindo as instalacións polo paso do tempo e o uso intensivo das mesmas, deficiencias que, na medida do posible, trátanse de solucionar, como co último investimento de 120.000 euros realizado polo Concello para mellorar a climatización e deshumectación das dependencias, pero que é preciso complementar cunha mellora integral como a que se propón no proxecto de ampliación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -