_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Cultura pon en marcha a venta de entradas con aforo dinámico para os espectáculos de teatro e danza de abril

A Concellería de Cultura pon en marcha en abril un novo sistema de venta de localidades que permite de forma automática adaptarse aos cambios de aforos e ás correspondentes distancias de seguridade que deben aplicarse nos espectáculos nas instalacións culturais. O programa xa está operativo para os dous espectáculos a celebrar no Auditorio Municipal no mes de abril: a obra de teatro de humor “32m2” que se representa o sábado 17, e o espectáculo de danza “DeMente”, o día 30. As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com ou do teléfono 902504500. O prezo xeral é de 5 euros, e 3 para maiores de 65 anos, mocidade e persoas desempregadas. A venta anticipada implica custes de xestión.
05.04.2021.- Actualmente, segundo as normas sanitarias en vigor, o aforo do Auditorio sitúase en 100 prazas. O sistema de venta de aforo dinámico permitirá adquirir localidades de forma individual ou, no caso de ser persoas conviventes, reservar dúas, tres, e ata o máximo de catro butacas xuntas. En calquera destes casos, o programa bloquea automaticamente as localidades que conforman o perímetro de seguridade das reservadas, tanto mos laterais como nas ringleiras de diante e detrás.

Os dous espectáculos previstos no Auditorio para o mes de abril chegan a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do convenio existente entre o Concello de Vilagarcía e a Agadic.

O primeiro representarase o 17 de abril e é unha comedia da compañía Butacazero protagonizada por Xurxo Cortázar e Nuria Gullón. O texto, obra de Xavier Castiñeiras e Esther Carrodeguas, relata as visicitudes dunha parella durante o confinamento que se ven obrigados a pasar nun apartamento de 32 metros cadrados.

A compañía de danza de Fran Sieira porá en escena o 30 de abril “DeMente” un espectáculo no que a través de expresivas coreografías abórdase a temática das enfermidades mentais e a evolución do seu tratamento e comprensión ao longo da historia. O espectáculo está musicado con obras do músico vilagarcián Cristian Silva e sobre o escenario haberá 10 bailaríns. Con esta actuación, Vilagarcía súmase aos actos conmemorativos do Día Internacional da Danza que se celebra en todo o mundo o 29 de abril.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -