_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello pon en marca a web e a oficina virtual do Invest In Vilagarcía para atraer novas actividades produtivas á cidade

O Concello de Vilagarcía de Arousa vén de activar o Invest In Vilagarcía, o programa destinado a captar investimentos e atraer novas actividades produtivas á cidade. O programa, que constitúe un dos sete eixos nos que se estrutura o Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21”, ponse en marcha coa web investinvilagarcia.com como principal ferramenta de traballo e canle de contacto cos potenciais inversores.
31.03.2021.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, presentaron as primeiras accións coas que comeza a andar o Invest In: a creación da páxina web á que poden recorrer os inversores para coñecer todas as potencialidades e recursos de Vilagarcía, así como a posta en marcha da oficina virtual a través da que se ofrecerá a información, asesoramento e mesmo axuda na tramitación aos axentes que pretendan implantarse no noso municipio.

Briones explicou que a web do Invest In Vilagarcía pretende ser a carta de presentación do noso municipio, describindo as características físicas e demográficas de Vilagarcía, a nosa localización, o ámbito de influenza no seo da comarca, as vías de comunicación, cales son os sectores produtivos existentes, as infraestruturas e recursos dispoñibles, a estrutura económica e produtiva, as potencialidades e outros moitos factores a ter en conta polas empresas, organizacións ou inversores á hora de apostar por onde implantarse ou investir.

A concelleira comentou que esta ferramenta está orientada tanto ao ámbito nacional como internacional, ao que tamén hai que mirar para atraer novas actividades que creen riqueza e xeren emprego. O alcalde engadiu que, aínda que o maior peso da economía de Vilagarcía atópase na actualidade no sector servizos e todo o relacionado co turismo, aspectos que se pretende seguir potenciando, a idea é reforzar e incrementar a actividade no eido industrial e empresarial. Neste punto, Varela apuntou que, aínda que a imaxe externa que ofrece Vilagarcía é a dunha cidade se servizos, o que non se coñece tanto é que tamén conta con outras actividades moi importantes, como son algunhas firmas da rama do metal, que avalan a idoneidade de Vilagarcía para acoller actividades diversas e complementarias.

Na web ofrécese un listado das actividades existentes así como outra información de relevancia referida á avantaxa que supón para as empresas dispor dun Porto de Interese Xeral e estación de ferrocarriil para o transporte de mercancías e materias primas, así como as zonas de solo industrial existentes e inmobles dispoñibles, ou as vías de comunicacións e a estratéxica localización da cidade, situada en medio do Eixo Atlántico. A través de diferentes apartados dispostos no menú, os interesados poden explorar as oportunidades que ten o inversor nos diferentes sectores produtivos.

Tamén a través da web se accede á oficina virtual que funcionará de forma proactiva, identificando os recursos do municipio e as novas posibilidades a explorar, e de xeito reactivo, atendendo as necesidades dos potenciais inversores mediante accións como ofrecéndolles a información estatística e doutro tipo que precisen para a elaboración dos seus estudos de mercado, facilitándolles asesoramento individualizado sobre trámites burocráticos, sistema fiscal aplicable ou sobre axudas existentes, e mesmo sobre a dispoñibilidade de emprazamentos.

O alcalde apuntou que o Invest In xa se puxo en coñecemento de todos os axentes locais nas reunións celebradas no marco da Mesa de Reactivación co obxectivo de presentarlles o Plan de Promoción e Reactivación económica de Vilagarcía do que é un dos eixos principais. A medida foi moi ben acollida nos tres foros (Mesa Municipal, Mesa de Empresas Tractoras e Mesa de Diálogo Social), cos que se continuará traballando para o desenvolvemento tanto do Invest como das outras estratexias do Plan de Reactivación no que o Concello investirá algo máis de 1 millón de euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -