_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Eligio Vila compón un cuarteto para corda para celebrar o quinto aniversario da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía cumpre cinco anos de vida, e para celebralo, nada mellor que unha banda sonora propia, de calidade e da casa. Así o entenderon os membros da entidade presidida por José Luis Sanz, quen esta mañá, acompañado pola concelleira de Cultura, presentou ”El rincón de los espíritus”, o cuarteto para corda composto para a ocasión e en exclusiva polo recoñecido compositor veciño de Vilagarcía Eligio Vila, que tamén participou non acto. A estrea mundial desta obra terá lugar o vindeiro 5 de novembro cun concerto a celebrar no Auditorio de Vilagarcía a cargo do cuarteto feminino “Mona”.
30.03.2021.- Como en calquera aniversario, neste tamén houbo agasallo. A modo simbólico ata que a obra se estree e poida ser escoitada e gozada polo público, Eligio Vila fixo entrega ao presidente da Sociedade Filarmónica dunha copia da edición impresa da composición Cuarteto Nº3 para corda, Op.35 “El rincón de los espíritus” que vén de ser publicada pola prestixiosa editorial barcelonesa especializada en música, Bretons & Mercadal.

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, tomou a palabra para felicitar á Filarmónica polos seus cinco anos de vida e pola intensa actividade que desenvolve para difundir e popularizar a música clásica entre os vilagarciáns, destacando ademais a promoción da música e dos autores locais, como neste caso, mediante o encargo desta obra e Eligio Vila. A concelleira estendeu os seus parabéns ao propio Vila, “tanto pola obra que acaba de presentar para este aniversario -e na que sei que levaba meses traballando-, como pola excelencia profesional que ten amosado en toda a súa longa e prolífica carreira”. Outón engadiu que “como concelleira de Cultura e como vilagarciá, para min é un verdadeiro pracer e un motivo de orgullo participar nunha presentación na que, unha vez máis, se pon de manifesto o peso da cultura musical existente na nosa cidade e a calidade dos nosos músicos e compositores”.

Sanz, que lembrou o papel que Eligio Vila e el xogaron hai algo máis de 20 anos cando crearon o comité cidadá para conseguir a construción en Vilagarcía dun Auditorio no que poder gozar da música clásica sen ter que desprazarse a Santiago, Coruña ou Vigo, recordou ademais que o compositor tamén participou na creación da Sociedade Filarmónica, da que foi o seu primeiro vicepresidente, agradecéndolle a este toda a labor realizada pola música en xeral, e na nosa cidade en particular, advertindo “do luxo que é ter entre nós un compositor do nivel de Eligio Vila, coñecido internacionalmente, que fixo estreas mundiais das súas obras en Caracas e Isla Margarita, en Venezuela e tamén en Chile, e que as súas obras interpretáronse en países de Europa como Italia ou Portugal, entre outros”.

En canto ao concerto do 5 de novembro, a concelleira de Cultura explicou que a elección da data a tan longo prazo fíxose pola pandemia, esperando que para entón o nivel de vacinación sexa importante e que a enfermidade vaia remitindo, “para que a estrea desta obra de Vila poida ter a repercusión e o brillo que merece e poida a ser escoitada pola maior cantidade de público posible”, circunstancia que de facelo agora se vería moi limitada polas restricións de aforo.

En canto ao cuarteto “Mona”, Sanz explicou que está composto por catro mulleres residentes en París e que teñen tocado en numerosos países europeos. A estrea de “El rincón de los espíritus” será no transcurso dun concerto máis amplo que o cuarteo ofrecerá no marco do programa da próxima tempada musical da Sociedade Filarmónica na que, como de costume, colabora a Concellería de Cultura.

O cuarteto para corda composto para a ocasión por Eligio Vila ten unha duración de algo máis de 9 minutos . Trátase, en palabras do propio autor, “dunha obra de carácter descritivo na que, utilizando recursos compositivos tales como sonoridades enigmáticas e misteriosas, glissandos simulando renxidos e lamentos e ritmos complexos, se crea un clima fantasioso e sobrenatural que suscita certa curiosidade no oínte.

O compositor agradeceu á Sociedade Filarmónica e á Concellería de Cultura a confianza que depositaron nel ao encomendarlle este encargo e a colaboración que sempre lle prestan. Tamén tivo palabras para o profesor do Conservatorio de Vilagarcía, Jesús González, polo ánimo que lle brindou no longo proceso de edición e por ter exercido de enlace coa prestixiosa editorial Brotons & Mercadal”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -