_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Padroado de Fexdega avala a disolución da Fundación

O Padroado da Fundación Fexdega acordou onte solicitar á Xunta de Galicia a disolución do organismo e o traspaso de todos os seus bens ao Concello de Vilagarcía, entidade que se encarga dende hai unha década e en solitario da xestión e sostemento das instalacións da Maroma. Os membros do Padroado, que celebraron onte a primeira reunión en cinco anos, coincidiron na postura xa defendida dende hai tempo pola administración local, ao entender que a Fundación é un organismo baleiro de contido, totalmente inoperante e sen sentido nas actuais circunstancias. De feito, ata a propia Consellería de Economía e Industria abandonou o Padroado hai xa varios anos, como tamén o fixo a Cámara de Comercio, Industria e Navegación, ámbolos dous membros fundacionais do organismo.
30.03.2021.- Segundo consta sobre o papel, na actualidade o Padroado está composto polo Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra e ABanca. Á reunión de onte asistiron o alcalde, Alberto Varela, en calidade de presidente do organismo, e os representantes da Corporación Municipal, Alba Briones, Ana Granja e David Oliveira (escusou a súa ausencia Lucia César); así como as dúas representantes da Deputación, Noemí Outeda e Raquel Giráldez. Por parte de Abanca non houbo representación.

Varela foi o encargado de expoñer aos membros do Padroado a situación e os trámites realizados polo Concello de Vilagarcía, referíndose especialmente ao escrito remitido en 2019 á Consellería de Economía, Emprego e Industria –que exerce o protectorado de todas as fundacións públicas de Galicia- solicitando a aprobación da extinción do organismo de Fexdega e a liquidación dos seus bens, de xeito que estes pasen á titularidade do Concello como administración que se encarga dende hai anos da xestión, mantemento e sustento das instalacións. O rexedor explicou que, a día de hoxe, ese escrito non tivo resposta, nin tampouco a solicitude de entrevista solicitada hai uns meses para tratar o asunto co conselleiro. Dado que os membros comparten a inutilidade de manter unha Fundación que non ten actividade algunha nin persoal propio dende que se decidira prescindir del hai dez anos, a efectos de dar máis forza á demanda, o Padroado acordou manifestarse a favor da disolución e reiterar a petición á Consellería nos mesmos termos manifestados polo Concello.

A extinción da Fundación só tería repercusión a efectos legais e sobre o papel, posto que na práctica manteríase todo igual que ata o de agora. O Concello continuaría dirixindo e xestionando as instalacións coa mesma filosofía que nos últimos anos: facendo compatible a actividade feiral cos usos municipais de tipo deportivo e lúdico. De feito, cómpre salientar que durante o primeiro mandato socialista, a actividade feiral en Fexdega colleu pulo e rexistrou un importante incremento acollendo numerosos eventos monográficos de todo tipo e de forma totalmente compatible coas actividades da Fundación Municipal de Deportes.

Esperando a que a Consellería responda pronto e se culmine o proceso de disolución, o Padroado tamén aproveitou para poñerse ao día e actualizar os trámites pendentes dende a súa última reunión, como dar conta da renovación dos seus membros tras as últimas eleccións municipais ou aprobar os estados de contas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -