_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Concello esixe á Educación que garanta a cobertura de prazas nos centros de Secundaria e Bacharelato de Vilagarcía

Os datos resultantes do período de reserva de praza nos institutos de Secundaria e Bacharelato de Vilagarcía, que apuntan unha demanda moito máis elevada que o número de prazas dispoñibles, preocupa ao goberno local que non quere que ningún estudante se quede sen poder entrar no centro da súa elección. Ante a situación detectada en tres dos catro centros da cidade e a dimensión da mesma, o Concello esixe á Consellería de Educación que adopte as medidas que sexan necesarias para garantir a cobertura de prazas nos centros vilagarciáns para o vindeiro curso de xeito que ningún alumno alumna que desexe cursar neles, se quede sen poder facelo e teña que matricularse noutro.
29.03.2021.- A problemática que se repite en tres dos catro centros da cidade -onde existe tamén moita preocupación por parte das direccións- ven dada en gran medida polas normas impostas para previr o COVID, que obrigan a manter a distancia de 1,5 metros entre alumnos, o que fixo preciso xa este curso desdobrar aulas para que todo o alumnado poida asistir a clase e, como no caso do Castro Alobre, impartir clases tamén en horario de tarde. A situación agrávase de cara ao vindeiro curso, onde estas limitacións dificultan que os centros poidan manter ao alumnado existente a dar cabida ao de novo ingreso, especialmente no Bacharelato, a onde se remite o alumnado que remata a ESO nos centros concertados. No caso do IES Miguel Ánguel González a situación se agrava aínda máis debido a que a este centro recorren anualmente para cursar Bacharelato moitos alumnos de Catoira ao acabar o ensino obrigatorio.

O concelleiro de Educación, Miro Serén, solicitou hai un mes unha entrevista co xefe territorial de Educación co obxectivo de abordar esta problemática, así como para que o responsable autonómico lle informase sobre os plans que manexa a Consellería para converter nun CIFP (Centro Integrado de Formación profesional) o instituto Bouza Brey, os prazos para acometer o cambio e as condicións en que quedaría o mapa educativo no municipio.

En canto ao problema máis inminente, o da carestía de prazas en Bacharelato e Secundaria para o curso que vén, Serén defende que “A Consellería de Educación ten que poñer todos os medios e recursos dispoñibles para garantir a matriculación de todo o alumnado nos institutos de Vilagarcía,ben sexa adoptando as medidas necesarias para garantir a obtención de espazos que permitan impartir as clases garantindo as distancias de seguridade, como organizando convenientemente o transporte escolar si é preciso dar clases polas tardes”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -