_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A Mesa de Diálogo Social acolle con agrado a creación da bolsa de locais comerciais e da oficina de atención dixital

A Mesa de Diálogo Social de Vilagarcía, integrada por representantes do goberno local, os sindicatos e as asociacións profesionais do municipio, reuniuse hoxe para coñecer o Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21” e afondar nos contidos que se propoñen no documento. Ao igual que pasou onte na Mesa de Empresas Tractoras, os axentes sociais tamén valoraron de forma moi positiva o plan deseñado pola Concellería de Promoción Económica e dotado con máis de 1 millóns de euros, acollendo con especial agrado a creación da bolsa de locais comerciais, a oficina de atención dixital, os plans de formación para o sector servizos, a aceleradora dixital e o centro de emprendemento e consolidación empresarial.
25.03.2021.- A sesión convocada pola Concellería de Promoción Económica contou, por parte do Concello, coa presenza da concelleira do ramo, Alba Briones, e da tenente de alcalde, Tania García. Por parte dos axentes sociais participaron representes dos sindicatos UGT, CIG e CCOO, das asociacións de hostaleiros e comerciantes, Ahituvi e Zona Aberta, da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e da Federación Empresarios e Comercio de Arousa (FECA).

Tras coñecer da man dos técnicos os obxectivos do Plan co que se pretende poñer os medios e contribuír a unha rápida saída da crise económica xerada pola pandemia, ademais de aproveitar a unión de todos os sectores para fortalecer a economía local, os asistentes pasaron a abordar de forma pormenorizada algunhas das medidas propostas nos 7 eixos nos que se asenta o documento, especialmente as máis centradas nos seus ámbitos de actuación, como as que figuran nos bloques de Recuperación do tecido económico urbano, Fomento do emprendemento e recuperación da actividade económica e Vilagarcía Viva.

Neste marco, unha das primeiras propostas lanzadas polos axentes sociais foi a posibilidade de implementar os 100.000 euros que o Concello xa ten previsto destinar a dúas novas edicións dos bonos compra “Son da Casa”, ao terse comprobada a eficacia que esta iniciativa tivo na dinamización da actividade comercial nas anteriores campañas de verán e Nadal. En relación a este punto, tamén apuntaron a necesidade de continuar realizando campañas de sensibilización e defensa do comercio e consumo de proximidade e de realizar accións promocionais e de márketing que contribúan a esta causa.

Ademais de celebrar os fondos habilitados polo Concello para as novas convocatorias das liñas de axudas á contratación, ao emprendemento e, especialmente á das axudas directas a negocios afectados polos peches e restricións da crise sanitaria, os axentes solicitaron a máxima celeridade na tramitación destas últimas, dada a precaria situación que atravesan moitos pequenos empresarios, especialmente os do sector da hostalaría, que precisan cobrar canto antes para poder subsistir. A concelleira apuntou que é plenamente consciente desta situación e que, precisamente, tratouse de alixeirar ao máximo os requisitos e a tramitación das mesmas para que a concesión sexa o máis rápida posible.

Avanzar no concepto de calidade é outro dos aspectos incluídos no plan ao que os membros da Mesa de Diálogo Social consideran que debe prestarse especial atención para consolidar un bo posicionamento dos produtos e negocios de Vilagarcía e acadar niveis óptimos de competitividade. Así, aplaudiron as accións de formación do sector servizos propostas no plan, especialmente no relativas ao comercio e hostalaría, ao entender que é o xeito de elevar a calidade e reducir a precariedade laboral.

Como xa fixera cos voceiros da oposición e cos representantes das empresas tractoras, Briones entregou aos membros da Mesa de Diálogo Social copias do Plan “Vilagarcía 21” para que o estuden no seo dos seus respectivos colectivos e envíen as propostas e ideas que consideren oportunas.

Coa reunión de hoxe péchase o primeiro ciclo da Mesa de Reactivación Económica do Concello de Vilagarcía, creada para traballan en conxunto e dende todos os sectores para superar a crise xerada pola pandemia. A intención do executivo socialista foi implicar nesta causa a todos os axentes sociais, sectores e colectivos, aproveitando os foros previamente creados coas empresas tractoras e os axentes sociais que se integran, xunto cos grupos da Corporación, na Mesa de Reactivación. A realización das sesións de forma sectorializada fíxose para unha mellor operatividade á hora de traballar e avanzar no desenvolvemento do plan. A Mesa de Reactivación convocarase de novo dentro de uns meses para facer seguimento do desenvolvemento do plan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -