_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As empresas tractoras toman nota do Plan Municipal de Recuperación con especial interese no “Invest in”

O Concello de Vilagarcia reuniu esta mañá a unha ducia das empresas de maior peso na economía local e á Autoridade Portuaria para presentarlles o Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21” deseñado polo goberno local para acelerar a saída da crise económica xerada pola pandemia do covid e reforzar o tecido produtivo da localidade. Os representantes das empresas tractoras valoraron moi positivamente a iniciativa, interesándose especialmente no programa “Invest in Vilagarcía”, un dos sete eixos estratéxicos nos que se estrutura o plan, e quedaron en estudar ao detalle o documento, aberto ás ideas e propostas que eles mesmos poidan aportar.
24.03.2021.- A Mesa de empresas tractoras creouse en novembro de 2019 e reuniuse varias veces antes da pandemia. A crise económica xerada pola covid dálle agora unha nova dimensión e importancia ao pasar a formar parte da Mesa de Reactivación tamén creada polo Concello e que, ademais deste foro, integra á Mesa de Diálogo Social e á Mesa dos grupos da Corporación, en todas as cales se está presentando e abrindo á participación no “Vilagarcía 21”.

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Formación e Emprego, Alba Briones, presidiron a reunión desta mañá, na que tamén participou o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou. Por parte do sector empresarial participaron representantes de Tuneureka, Fundivisa, Fundiciones Rey, García Reboredo, Impex, Maderas Redondo, La Junquera, Autoridade Portuaria, Mexillóns Nidal, Coimba, Baygar e Astem.

O primeiro punto do día foi, como xa se dixo, presentar aos asistentes o Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21, explicando os seus obxectivos fundamentais e os sete grandes eixos nos que se estrutura, así como as accións a desenvolver dentro de cada apartado para contribuír a paliar os efectos da crise sanitaria e económica e impulsar de novo a economía local.

Dado o especial contexto no que nos atopamos debido á pandemia, a concelleira de Promoción Económica tamén fixo entrega aos empresarios dun estudo sobre a situación laboral e os indicadores económicos locais actuais, para que poidan facerse unha visión de conxunto e o teñan en conta á hora de planificar as súas propias accións ou estratexias.

Dada a presenza dun representante da Autoridade Portuaria, que asistiu por primeira vez á esta Mesa, varios dos empresarios aproveitaron para trasladarlle algunhas ideas e propostas que consideraban interesantes para que, a importante plataforma que supón o Porto de interese xeral, aporte maior competitividade ás industrias de Vilagarcía, de xeito que se aproveiten mellor as sinerxias para potenciar o conxunto da economía local.

A mesa abordou tamén temas que xa se viñan desenvolvendo con anterioridade á pandemia e nos que se segue a traballar. Un deles foi a posta en marcha de novas accións de formación especializada, como o desenvolto en outono a través do convenio subscrito entre o Concello e Fundivisa. O represente desta firma explicou o excelente resultado da experiencia piloto consistente en que o Concello financia a formación profesional práctica en determinados postos moi concretos e especializados nos que as empresas teñen dificultade en atopa man d eobra, e as firmas comprométense a contratar a un porcentaxe dos alumnos unha vez finalizado o curso. Como consecuencia, a Concellería de Promoción Económica xa está traballando na primeira das tres accións formativas que vai a poñer en marcha este ano e que, segundo as necesidades manifestadas, versará sobre procesos de soldadura.

Outros dos temas en seguimento dos que informou Briones foi sobre as melloras que o Concello realizará nas infraestruturas dos parques empresariais e zonas industrial do municipio a efectos de mellorar as condicións de traballo e operatividade das formas nelas instaladas. Pese a non ser competencia local, senón da administración autonómica, Briones informou de que xa está rematado o deseño da sinalética dos polígonos, polo que o seguinte paso será contratar a súa fabricación e posterior colocación. Do mesmo xeito, comentoulles que o Concello xa redactou e aprobou o proxecto para reordenar o tráfico no parque empresarial de Trabanca Badiña a efectos de gañar zonas de estacionamento e carga e descarga para as empresas, a instalación de máis hidrantes de extinción de lumes.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -