_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais deseña un programa para axudar aos adolescentes a afrontar emocionalmente a pandemia

Sensible e cara os novos problemas que se van detectando na sociedade e áxil en canto á procura de solucións, a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía introduce unha importante novidade nos programas de tipo social que dende hai anos dirixe á infancia e a mocidade do municipio. Nesta ocasión, e tendo en conta as consecuencias emocionais que esta longa pandemia está a causar entre a poboación en xeral e, máis en particular na mocidade, que se atopa en plena fase de desenvolvemento persoal e de cambio, a área que dirixe Tania García deseñou un programa específico para axudar aos adolescentes a afrontar emocionalmente a situación que están a vivir tras a aparición da Covid.
23.03.2021.- Este innovador proxecto foi aprobado onte pola Xunta Local de Goberno, na que tamén se acordou solicitar a inclusión do mesmo na liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra de cara á concesión dunha subvención de 9.637 euros para financiar as actividades. Así mesmo, acordouse adxudicar a Arelar Xestión Educativa o desenvolvemento do programa.

Este proxecto de educación emocional na adolescencia xurde tras detectarse a través do Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia, activado polos Servizos Sociais municipais dende inicio da crise da Covid, unha serie de carencias entre moitos adolescentes á hora de afrontar a evolución educativa e socio emocional como consecuencia, primeiro, dos meses de confinamento, e despois, polas continuadas restricións sanitarias. A continuidade de procesos de illamento social, a falta de contacto persoal, as dificultades de adaptación á nova realidade, están a producir procesos de desmotivación, ansiedade, estres, cansazo extremo e sintomatoloxía depresiva entre adolescentes.

Seguindo as directrices marcadas por UNICE España no seu informe “Salud mental e infancia en el escenario COVID-19”, os Servizos Sociais do Concello optan por poñer en marcha este programa cos obxectivos de previr, protexer e tratar con medidas específicas as necesidades particulares deste colectivo.


Así pois, o proxecto municipal de Educación Emocional ten como obxectivo proporcionar aos adolescentes as ferramentas necesarias para poder afrontar a situación de forma eficaz e aumentar a súa resilencia. Para isto proponse un programa de actividades a realizar en colaboración cos institutos do municipio e dirixido ao alumnado de Secundaria, Bacharalato e Ciclos Formativos. O proxecto comezaría no mes de abril cos traballos e contactos previos cos centros e o profesorado e desenvolveríase en varias fases ata o mes de decembro.

A metodoloxía a utilizar é práctica e buscando en todo momento a participación activa dos adolescentes. No programa inclúense xuntanzas virtuais, grupos de discusión presenciais de entre 6 a 12 participantes, a creación dun podscat radiofónico e unha emotipedia, así como un emotiforo, utilizando neste caso o formato do teatro foro das anteriores edicións do programa de Servizos Sociais para institutos. Mediante este sistema, o alumnado expón situacións sobre a temática obxecto de estudo e crea con elas pequenas pezas teatrais que finalmente representan, expresando así o seu sentir e os xeito de canalizar aos súas emocións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -