_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello instala estufas de pellets na escola unitaria de Bamio e nos centros socio culturais de Guillán e O Piñeiriño

O plan municipal de aforro e eficiencia enerxética e uso de enerxías alternativas que está desenvolvendo o Concello de Vilagarcía dende hai uns anos compleméntase estas semanas coa instalación de novas estufas de pellets na escola unitaria de Vilar-Bamio e nos centros socio culturais de Guillán e O Piñeiriño. O investimento realizado nestas tres novas actuacións ascendeu a 18.148 euros que o Concello asume con cargo á subvención concedida a través da liña de axudas convocada polo Inega para proxectos de enerxías renovables térmicas cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
23.03.2021.- O centro cultural de Guillán e a unitaria de Bamio xa teñen instaladas as súas respectivas estufas, mentres que a do centro Breogán está pendente de facelo. A adquisición e instalación deste equipo, así como o da casa de cultura de Guillán, foron adxudicadas á empresa local Ecovila, mentres que a da unitaria de O Vilar, subministrouna Calefacciones Paulino.

Con anterioridade a esta ultima fase, o Concello de Vilagarcía xa leva realizado varias actuacións máis para substituír os sistemas de calefacción dos centros socio culturais e da escolas unitarias por outros con maior eficiencia enerxética. En concreto, nos últimos anos procedeuse a instalar caldeiras e estufas de biomasa nas instalacións culturais de Trabanca Badiña, Rubiáns, Bamio, Galáns, Fontecarmoa e Faxilde, así como na Escola Municipal de Música e na Biblioteca.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -