_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
Os vilagarciáns reciclamos o ano pasado como particulares 60 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos

O servizo municipal de recollida de aparellos electrónicos e eléctricos (RAEE) xestionou durante o ano 2020 dende o Punto Limpo de Pinar do Rei case 60 toneladas deste tipo de residuos (59.689 quilos). Con este servizo, que se presta de balde para os particulares, lógrase o correcto tratamento de electrodomésticos de tido tipo e tamaño, aparatos de telecomunicacións, equipos informáticos, televisores ou lámpadas, facilitando a reciclaxe dos materiais recuperables e garantindo a eliminación dos que poidan resultar contaminantes a través de empresas xestoras convenientemente autorizadas para cada tipo de residuo.
22.03.2021.- Os RAE chegan ao Punto Limpo de dúas maneiras: o a través do servizo de recollida de voluminosos que presta dúas veces ao mes o Concello a través da empresa concesionaria da recollida de lixo, ou ben levados directamente polos particulares a Pinar do Rei. En ámbolos dous casos, por tratarse de residuos procedentes de particulares, o servizo é de balde para o usuario. As empresas e comercios vendedores deste tipo de materiais, teñen por lei que ter contratados servizos propios de recollida e xestión destes residuos.

Entre as 60 toneladas recollidas o pasado ano, os residuos máis presentes foron os de pantallas de televisor e monitores de ordenadores (28.080 quilos) e neveiras e arcóns frigoríficos (20.137 quilos). No grupo dos denominados pequenos electrodomésticos e aparellos eléctricos e electrónicos, no que se poden atopar dende tostadoras, a batidoras, grills ou radios e móbiles, por poñer uns exemplos) chegaron a sumarse 9.200 quilos de material, mentres que, no apartado de grandes electrodomésticos diferentes aos de frío, por exemplo lavadoras, acumuláronse 2.101 quilos máis. Por último, tamén se recolleron 171 quilos de tubos de lámpadas fluorescentes.

O servizo de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos préstase en Vilagarcía dende o ano 2009 a través de convenios asinado entre o Concello e as entidades xestoras dos sistemas integrados de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). A prestación non ten custe algún para o Concello que se encarga de separar e almacenar en grupos establecidos pola xestora os aparellos que chegan ata o Punto Limpo. A empresa xestora autorizada acode periodicamente a recoller e retirar os RAEE para tratalos nas correspondentes plantas de xestión de residuos. En compensación pola labor de recollida e separación, os concellos reciben 0.096 euros por quilo de material, o que en 2020 supuxo ao Concello ingresar 5.730 euros.

Este sistema supón un importante beneficio para o Concello en materia medioambiental, ao proporcionar un sistema de eliminación deste tipo de residuos e garantir que estes se tratan de xeito axeitado e respectuoso co medio. Con el tamén se poñen os medios necesarios para evitar a proliferación de puntos negros ou vertedoiros incontrolados en montes ou ao pé de camiños.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -