_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Briones explica o Plan de Promoción e Reactivación Económica aos voceiros municipais

O Concello acolleu esta mañá unha sesión da Mesa Municipal pola Reactivación, o órgano creado polo executivo socialista para traballar na saída da crise económica consecuencia da pandemia, e que está integrada por todos os grupos da Corporación. A reunión de hoxe tiña como obxectivo explicar aos voceiros dos grupos da oposición o Plan de Promoción e Reactivación Económica de Vilagarcía, deseñado polo goberno local cunha dotación superior ao millón de euros, e abrilo a súa participación a través da incorporación das achegas que poidan propor.
18.03.2021.-A concelleira de Promoción Económica, Formación e Emprego, Alba Briones, foi a encargada de expoñer aos voceiros asistentes, Ana Granja polo PP e David Oliveira por Ciudadanos (os demais escusaron a súa ausencia por diversos motivos) os obxectivos do plan, os sete eixos nos que se estrutura, así como as medidas previstas en cada un deles. Como xa se dixo durante a presentación pública do documento, trátase dun plan aberto á participación, tanto dos grupos políticos da Corporación, como dos sectores produtivos e sindicatos, a través das respectivas mesas habilitadas dende o Concello (a maiores da de reactivación, da que forman parte os grupos representados no Pleno, a de empresas tractoras e a de diálogo social).

Insistindo en que a saída desta crise precisará da implicación e colaboración de todos, Briones fixo entrega aos voceiros de copias do Plan a efectos de que o estuden en detalle e con calma. Tamén se lles remitirá aos edís ausentes. Transcorridas unhas semanas, volverá a convocarse a Mesa pola Reactivación para coñecer as impresións dos grupos e de recoller as propostas que poidan presentar na procura da ansiada aceleración da recuperación da economía local.

En vindeiras datas reuniranse tamén ás mesas de empresas tractoras e de diálogo social para dar a coñecer o Plan e recoller suxestións.

Medidas previstas no Plan Vilagarcía 21

O Plan Vilagarcía 21 suporá un investimento superior ao millón de euros, do que 850.000 xa están consignados no orzamento municipal deste ano. A isto se sumarán as axudas que xa se xestionan ante doutras administracións e aos fondos habilitados pola UE para superar a crise da Covid.

Entre as medidas incluídas no plan atópanse tanto as creadas xa dende o inicio da pandemia, como dúas novas edicións dos bonos “Son da Casa” para consumir no comercio e hostalería local e outra quenda das axudas directas aos pequenos negocios que se viron abocados ao peche ou sufriron perdas polas restricións do Covid; así como as que xa funcionaban de antes, como as novas convocatorias das axudas á creación de emprego por conta allea e a proxectos de emprendemento. Pero tamén se inclúen no Plan iniciativas novas, como o Invest Vilagarcía, unha ferramenta para atraer investimentos, negocios e empresas á localidade; a creación dun centro de emprendemento, programas de dinamización das Prazas de Abastos de Vilaxoán e Vilagarcía, como o “Cooking Abastos”; a posta en marcha dunha bolsa de locais comerciais baleiros; o fomento do relevo xeracional de establecementos existentes; ou a promoción a través de accións como os “pop-up”. O documento tamén prevé melloras nas infraestruturas das zonas industriais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -