_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A horizontalidade, sutileza e integración na paisaxe da proposta “Aquavai” vence no concurso de ideas das piscinas da praia

A proposta co lema “Aquavai”, obra dos arquitectos de Vigo, Alexandre Mouriño Fernández, e de Portugal, José Carlos Nunes Oliveira, é a gañadora do Concurso de ideas para a construción das piscinas ao aire libre e a reordenación da súa contorna na praia da Concha-Compostela. O anteproxecto destaca pola horizontalidade do deseño, que se dispón na mesma rasante do chan, e a sutileza do conxunto, conseguindo a plena integración na contorna sen provocar ningunha interferencia nin ruído na paisaxe.
17.03.2021.- Ademais, os niveis de sustentabilidade e de facilidade no mantemento da instalación acadaron as maiores puntuacións por parte do xurado. Os autores da idea vencedora recibirán un premio en metálico de 7.000 euros, así como a adxudicación directa da redacción do proxecto construtivo e a dirección de obra das piscinas, contrato valorado en 41.000 euros máis.

Agora que xa se coñece o deseño gañador, o Concello está en disposición de remitir a Costas do Estado o anteproxecto a efectos de que o organismo competente aprobe e autorice a intervención a realizar na franxa de dominio público marítimo terrestre, procedemento similar ao seguido para a ampliación do carril bici ao longo do paseo marítimo.

“Aquavai” estrutúrase nunha actuación en catro zonas diferenciadas, sumando entre elas 2.092 metros cadrados de superficie. A primeira e principal, por ser o centro e obxecto do concurso, é a zona de piscinas, unha lámina de auga salinizada de 432 metros cadrados situiada a ras do chan. Prevese a instalación dun vaso de recreo para adultos e outro de salpicaduras para menores de 5 anos, cada un dos cales terá unhas dimensións de 23x8 metros. A maiores contará cun vaso con chorros de aire, tipo hidromasaxe, de 8x8 metros. O planteamento dos autores é que as piscinas imiten ao mar e que as persoas entren nelas igual que se adentran no mar, a través dunha suave pendente.

Os vasos das piscinas ao aire libre contará cun sistema de cobertura composto por unhas superficies móbiles que se abrirán e pecharán desprazándose de forma lonxitudinal a ambos extremos dos vasos. Estas dúas plataformas poderán utilizarse como zona de recreo e para tomar o sol, así como a modo de tarima para a realización de actividades e espectáculos, tanto cando estean abertas, como cando cubran os vasos das piscinas, polas noites e en inverno. As estruturas serán metálicas e contarán cun revestimento de 6 centímetros de grosor cara o exterior de Corkeen, material elaborado a base de cortiza 100% natural que non se quenta baixo o sol.

Estas plataformas, unha vez despregadas, formarán parte dunha zona de descanso de 626 metros de superficie que se completa cos acesos ás piscinas e o paseo de pes secos que discorre en paralelo a toda a intervención, a zona de duchas e o lavapés que servirá de zona de transición entre o areal e as piscinas.

A zona de descanso compleméntase cunha gran bancada situada entre o paseo marítimo e as piscinas, de xeito que permita ás persoas sentarse a vixiar ou contemplar a actividade na zona de xogos acuáticos, así como a admirar o mar e as espectaculares postas de sol que se ven a diario neste punto da Ría de Arousa.

A maiores, o deseño de Mouriño e Nunes propón a creación dunha zona de sombra duns 970 metros cadrados mediante a plantación dunha liña de piñeiros entre a bancada e o paseo marítimo, a efectos de proporcionar resgardo do sol nun espazo que adolece de sombra.

Por último, o proxecto recolle un área de 64 metros cadrados como zona de conexións e elementos de control da instalación acuática (bombas, sistemas de filtros, motor de accionamento das cubertas, sistema de adición química e sala de control).

Segundo premio, accésits e mencións

O fallo do xurado desvelouse este mediodía mediante a videoconferencia na que se abriron os sobres nos que figuraban os nomes dos autores das 9 ideas -identificadas con lemas- que pasaron á fase final de entre as 60 que concorreron ao concurso. O segundo premio, dotado con 3.500 euros, recaeu na proposta que levaba por título “Asteroidea”, obra do arquitecto Pablo Ramos Alderete, de Majadahonda (Madrid). O primeiro accésit, dotado con 2.000 euros, foi para “Tercer Paisaje”, cuxos autores son Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo; mentres que o segundo, tamén premiado con 2.000 euros foi para “Oasis”, idea de Eloi Gonçalves, de Porto.

A maiores dos premios establecidos nas bases do concurso, o xurado decidiu conceder unha mención especial á idea “Petro 2.0” presentada polo gabinete Sabín-Blanco Arquitectos, de Miño, representado por Patricia Sabín e Enrique M.Blanco. Tamén se conceden outras dúas mencións sen dotación económica ás proposta “Fiuncho”, da sociedade limitada, 27 Grados, de A Coruña, representada por Pablo Daniel García Carrillo e á “A Volta do Mar”, obra do arquitecto vigués, Adrián Álvarez González.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -