_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Dez mulleres recibirán formación sobre os trámites electrónicos a través dun obradoiro de Igualdade

Ser autónoma e non ter que depender de ninguén á hora de realizar trámites ante as administracións públicas é unha das necesidades que demandan moitas mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta é a razón pola que a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza o obradoiro “Cara á independencia dixital. Perdéndolle o medo á tecnoloxía”, unha acción formativa dirixida a 10 mulleres en situación de vulnerabilidade que se impartirá de forma gratuíta en abril no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A actividade conta con financiamento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
16.03.2021.- A área que dirixe Tania García organiza esta actividade ao detectar un número importante de casos de mulleres que, por descoñecemento, tempo de dedicación ou inseguridade, tenden a delegar nas súas parellas ou fillos a realización de trámites online de todo tipo -tanto á hora de relacionarse coas administracións públicas como á de facer calquera actividade cotiá como unha compra electrónica-. O obxectivo deste curso é proporcionarlles a información práctica básica para que saiban desenvolverse coa tecnoloxía en aspectos que están á orde do día.
O obradoiro consta de 8 sesións de 2 horas de duración cada unha, que se impartirán no centro de Matosinhos os días 6, 8, 12,13, 15, 19, 20 y 22 de abril en horario de 10 a 12 horas.

Tras unha breve introdución aos conceptos básicos, explicaráselles aspectos como o certificado dixital e outros sistemas de acceso ás sedes electrónicas e, de forma práctica, amosaráselles como facer trámites ante a Seguridade Social, o Ministerio de Xustiza, o Concello ou a Axencia Tributaria. Tamén se abordarán temas como o uso seguro das redes sociais e incluso se introducirán temas de corte transversais.

Requisitos e inscrición

Ademais de atoparse en situación de vulnerabilidade, tamén son requisitos para participar no obradoiro ter coñecemento do uso do correo electrónico e dispor dun teléfono intelixente ou smartphone co que traballar.

A organización do curso aprobouse na Xunta de Goberno de onte e hoxe mesmo ábrese o prazo de inscrición na actividade. As interesadas deben cubrir o formulario que poden descargar do taboleiro de anuncios do portal municipal ( http://www.vilagarcia.galñ ;), da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou obter directamente na Área de Igualdade do Concello. Unha vez cuberto deben presentalo no rexistro xeral, na propia concellería ou a través da sede electrónica.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -