_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela convoca ao padroado para volver a poñer sobre a mesa a disolución da inoperante Fundación Fexdega

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, en calidade de presidente da Fundación Fexdega, vén de convocar unha reunión do Padroado desta entidade co obxectivo de volver a poñer sobre a mesa a proposta de disolución dun organismo totalmente inoperante dende hai anos. A sesión celebrarase o 29 de marzo nas dependencias de Fexdega, instalacións que o Concello de Vilagarcía xestiona directamente e en solitario dende hai unha década, compatibilizando a actividade feiral co uso deportivo e municipal.
15.03.2021.- Como xa se expuxera hai catro anos, o executivo local entende que a Fundación deixou de ter sentido dende o momento no que o Padroado decidiu prescindir do persoal propio que se encargada da xestión das instalacións e organización da actividade feiral en tempos da presidencia de Tomás Fole, e deixou en mans do Concello estas funcións. A maiores do anteriormente exposto, outro argumento a favor da disolución é que a propia Consellería de Industria, membro fundador da Fundación, hai anos que abandonou o Padroado.

En vista desta situación, o Concello de Vilagarcía dirixiuse por escrito en 2019 á Consellería de Economía, Emprego e Industria –que exerce o protectorado de todas as fundacións públicas de Galicia- solicitando a aprobación da extinción do organismo de Fexdega e a liquidación dos seus bens, de xeito que estes pasasen á titularidade do Concello como administración que se encarga dende hai anos da xestión, mantemento e sustento das instalacións.

A medida pretendida polo Concello só tería repercusión a efectos legais e sobre o papel, posto que na práctica manteríase todo igual que ata o de agora. O Concello continuaría dirixindo e xestionando as instalacións coa mesma filosofía que nos últimos anos: facendo compatible a actividade feiral cos usos municipais de tipo deportivo e lúdico. De feito, cómpre salientar que durante o primeiro mandato socialista, a actividade feiral en Fexdega colleu pulo e rexistrou un importante incremento acollendo numerosos eventos monográficos de todo tipo e de forma totalmente compatible coas actividades da Fundación Municipal de Deportes. Tras o parálise ocasionado pola crise sanitaria dende marzo de 2020, o Concello ten xa varios eventos feirais comprometidos en Fexdega para o presente ano.

A maiores do tema principal da disolución da Fundación, e mentres non se culmine este proceso, a reunión do Padroado servirá para poñer ao día os asuntos de trámite pendentes como a aprobación da acta da sesión anterior, celebrada en 2016, a aceptación do cargo dos seus membros designados polo Pleno da Corporación ras as últimas eleccións municipais, así como dos representantes de Deputación e Abanca, e a aprobación das contas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -