_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Concello pon en marcha un plan de recuperación dotado cun millón de euros

Coa intención de que “ninguén se quede atrás”, o Concello acaba de poñer en marcha o Plan Vilagarcía 21 para incentivar a recuperación económica e social da cidade trala pandemia de Covid. Está dotado inicialmente cun millón de euros, dos que 850.000 xa están consignados no Orzamento de 2021 e o resto procederá dos fondos europeos. A isto se sumarán as axudas que xa se xestionan diante doutras administracións. O plan estrutúrase en sete grandes eixos de actuación.
14.03.2021. “Así como é necesario resolver esta crise sanitaria, tamén é fundamental dinamizar a economía local”. O alcalde, Alberto Varela, iniciou deste xeito a presentación do Plan, para engadir que quere desenvolvelo “con todos” e de aí que se vaian instituír varias “mesas sectoriais” con axentes sociais, empresas tractoras e, por suposto, cos demais grupos políticos. Varela insistiu en que, a diferenza da saída de crise de 2008 e en referencia ás “receitas” do Partido Popular, o goberno local aposta porque ninguén se queda atrás: ningún veciño, ningún pequeno empresario ou comerciante, ningunha das principais firmas da cidade.

O rexedor lembrou accións como os bonos para o comercio e hostalería, as axudas directas, o fomento da formación e o emprego ou a exención de taxas, todas postas en marcha ao longo de 2020. Agora, explicou, toca volcar todos eses recursos nun plan que reúna as accións xa en vigor, as novas que se planean dende a área de Promoción Económica, que dirixe Alba Briones, e as que poidan xurdir das citadas “mesas” cos distintos axentes sociais e políticos.

Foi precisamente Alba Briones quen explicou cada un dos sete eixos nos que se articula Vilagarcía 21. Son estes:

1. RECUPERACIÓN DO TECIDO ECONÓMICO URBANO. Aquí se plantean dúas novas edicións dos bonos Son da Casa (100.000 euros), outro paquete de axudas directas (200.000) e “outras axudas”, algunhas xa articuladas pero non pechadas á espera do que se decida nas mesas sectoriais.

2. INVEST IN VILAGARCÍA. Trátase dunha nova figura de dinamización que consiste en atraer investimentos, para o que haberá que difundir as condicións de situación, comunicacións, infraestruturas, sociedade... e para iso se creará a Oficina Invest in Vilagarcía, ligada á súa vez a unha web e a un “caderno para o inversor”, desde o que se ofrecerá asesoramento a todo aquel que desexe investir na cidade.

3. EMPRENDEMENTO E CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL. Aquí se inclúen accións como as axudas á creación de empresas e á contratación, un centro de emprendemento e consolidación empresarial, os premios aos novos proxectos emprendedore e o un programa de mellora da competitividade en dous sectores chave da economía local como a hostalería e o comercio.

4. MODERNIZACIÓN DE MERCADOS E PRAZA DE ABASTOS. Contempla a posta en valor da planta superior da praza de abastos, baixo o paraugas do programa “Cooking Abastos”, en colaboración con axentes públicos e privados; as xestións para acadar o selo de “mercado excelente”; e a rehabilitación e dinamización do mercado de Vilaxoán, dotado con 115.000 euros.

5. VILAGARCÍA VIVA. É outra das grandes novidades. Por unha banda, crearase unha bolsa de locais comerciais baleiros; por outra, se asesorará e promocionará o relevo xeneracional nos establecementos xa existentes. Pero tamén se dinamizarán as zonas comerciais con accións como os “pop-up”, que consiste en poñer en valor os locais baleiros con accións de venda puntual ou de exhibición dos produtos que se realizan en Vilagarcía. Por último, se realizarán mercados e actividades estacionais e sectoriais.

6. DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL. Ademais de mellorar as zonas industriais xa existentes (accesos, sinalización, aparcamento), tamén se creará unha aceleradora e un laboratorio tecnolóxico –neste caso, moi ligado a todo o que rodea ao sector turístico-, e se reforzará o plan de formación con compromiso de contratación, unha acción que tanto éxito tivo na súa primeira edición: é o caso do convenio concello-Fundivisa.

7. PARTICIPACIÓN E GOBERNANZA. Xunto coas mesas sectoriais, impulsadas precisamente para que toda Vilagarcía participe do seu propio plan de recuperación, o concello tamén plantea a creación dunha oficina de atención dixital, que funcionará en Vilagarcía, en Carril e en Vïlaxoán, e que non só servirá para que os veciños, empresarios e emprendedores se acheguen á administración electrónica local, senón a calquera outra, nun momento no que o dixital se impón e por iso é fundamental acompañar e asesorar á sociedade neste momento de transición.

Consulta aquí o resumo do Plan Vilagarcía 21:

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -