_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Xardíns protexe os plátanos de Ravella coa instalación de tensores

O servizo municipal de Xardíns está procedendo a instalación de tensores nos antigos plátanos do parque de Ravella, unha medida preventiva que ten como obxecto aliviar a carga das pesadas ramas e evitar o seu tronzamento. A actuación foi recomendada polos técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e afectará todos os exemplares do paseo central desta emblemática zona verde de Vilagarcía.
10.03.2021.- Os vellos plátanos de Ravella son obxecto de seguimento continuo por parte do servizo municipal de xardíns. Trátase dunhas árbores que rondan a centena de anos e cuxa característica imaxe das ramas entrelazadas entre exemplares de ambas beiras do paseo, identifica este xardín de Vilagarcía.

Os plátanos foron obxecto de diferentes tratamentos ao longo das últimas décadas co obxecto de paliar enfermidades e inicios de podremia, afeccións causantes de ocos visibles en algunhas ramas e partes dos troncos. Cos tratamentos estanse controlando estas afeccións para alargar a vida das vellas e características árbores de Ravella, garantindo á vez, a súa seguridade. Neste marco encadra a última medida adoptada, a instalación dos tensores para aliviar a carga causada pola horizontalidade na que se espallan as grosas ramas como consecuencia dos enxertos para entrelazalas. As cinchas quedarán instaladas de forma permanente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -