_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Colexio de Traballo Social premia a atención psicosocial de urxencia prestada polo Concello durante a crise do COVID

O Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia COVID 19 deseñado e posto en marcha polos Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía de Arousa acaban de recibir o Premio ás Boas Prácticas Profesionais 2021 concedido polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. O galardón recoñece a calidade do proxecto e a eficacia da intensa labor realizada polo departamento municipal para dar cobertura ás necesidades básicas e urxentes das persoas máis vulnerables durante os meses de confinamento e as semanas posteriores. O servizo púxose en marcha ao día seguinte da entrada en vigor do Estado de Alarma e comezou a desactivarse de forma progresiva a finais de maio.
O proxecto do Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia COVID-19 (SAPU) é obra do equipo técnico composto pola concelleira de Servizos Sociais, Tania García, a coordinadora do departamento, Iria Camba e a traballadora social, Noela Lorenzo, ás que se sumou a traballadora social de Cáritas Montserrat Rosales.

Para o seu desenvolvemento contouse cos recursos humanos da Área de Servizos Sociais e outros departamentos e servizos municipais (CIM, Persoas Maiores, Xuventude, Educación, SAF, Emerxencias, Policía Local, Obras, Xardíns, Medio Ambiente, Electricidade, Fundación de Deportes, Comunicación, Informática, Secretaría, Intervención, Rendas…); así como de entidades do terceiro sector (Cáritas e Cruz Vermella); asociacións como a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, O Soño de Lilith, Arousa Moza, as mulleres rurais de “Os Anxos”, Os Borrizos” e “Xiabre”, a asociación de mulleres separadas e divorciadas do Salnés, a Protectora de Animas; voluntarios a título persoal, docentes do colexio Sagrada familia e tamén establecementos comerciais de alimentación, hostalaría e lavanderías, entre outros.

En total foron máis dun centenar de persoas implicadas, contando ao persoal directo do SAPU (25 persoas), os 30 voluntarios doutros servizos municipais, e o resto de voluntarios.

Tratouse dun proxecto integrador dirixido e coordinado dende os Servizos Sociais Municipais consistente en crear unha rede comunitaria de recursos e accións destinadas á inclusión social, á promoción e prevención da saúde, ao afrontamento psicosocial e emocional da situación que estábase a vivir; en definitiva, a garantir a igualdade de oportunidades, a protección social, a cohesión social, a saúde da comunidade e, en especial, daquelas persoas en situación de vulnerabilidade ou maior risco de desprotección durante a crise sanitaria.

Estruturado en 20 accións

O SAPU estruturouse mediante a posta en marcha do teléfono de urxencias 24 horas dende o 16 de marzo, a atención xeral á cidadanía a través doutras 3 liñas telefónicas e o traballo de equipos de garda interdisciplinar para realizar xestións de atención, cobertura de necesidades de alimentación e aloxamento, contención, acompañamento, apoio psicolóxico, pautas educativas, prevención e proximidade. Prestouse especial atención ás persoas maiores, dependentes e que vivían soas, ás que se fixo seguimento telefónico e proporcionáronselle pautas e material socioeducativo de envellecemento activo para pasar o confinamento.

Tamén se dou aloxamento alternativo de persoas en situación de sen fogar en establecementos hoteleiros e no albergue da Cruz Vermella, e creouse en Fexdega un Albergue de Emerxencia de 35 prazas para aloxar a máis persoas sen fogar e permitirlles pasar o confinamento tendo cubertas todas as súas necesidades básicas (alimentación, hixiene e aloxamento),ademais de ofrecerlles atención psicosocial, actividades de lecer, deportivas e ocupacionais.

Habilitouse un dispositivo de aloxamento de urxencia para vítimas de violencia de xénero e familiares a través dun acordo cun establecemento hoteleiro de Vilagarcía de Arousa e xestionouse a dispoñibilidade de usar as instalacións do convento dos Padres Claretianos como residencia para familias que tiveran que illarse ou pasar a corentena e non dispuxera de medios para facelo na casa de forma segura.

Prestáronse servizos sanitarios e axuda no fogar, así como reparto a domicilio de alimentos, medicamentos e os “deberes” enviados polos centros educativos aos alumnos que non dispoñían de medios tecnolóxicos para conseguilos.

Posta en marcha de actuacións específicas en asentamentos segregados con maior vulnerabilidade, incluíndo a subministración de medios de protección, termómetros, material hixiénico e material para reforzo socioeducativo: dende o 16 de marzo.

Prorrogáronse os paquetes de alimentos dentro das axudas municipais ordinarias de emerxencia para familias con menores.
Reforzouse o Servizo de Teleasistencia Municipal co concerto dun maior número de prazas a través de Cruz Vermella.

Realizáronse campañas de cohesión social, prevención e promoción integral da saúde, a través das redes sociais corporativas: #Virusfóra , #eudanzonacasa, #maiosvirtuais, #grazas, #sondacasa, #sondacasasesionvermú, #sondacasaduendenet e difundíronse todas as actuacións e medidas a través dos medios de comunicación, redes sociais municipais e páxina web municipal.

A través do SAPU realizáronse 4.223 intervencións a atendeuse a 1.272 unidades familiares e a 305 persoas a título individual.

A eficacia do proxecto deriva da capacidade de reorganización, flexibilización e adaptabilidade a unha situación sobrevida que precisaba respostas efectivas, eficaces e inmediatas. A responsabilidade dos/as profesionais, a súa sensibilización, a súa participación e implicación, a interdisciplinariedade e a protocolarización de funcións e procedementos constituíron a clave do éxito para a intervención na situación de crise e emerxencia vivida.

Satisfacción e alegría polo “traballo ben feito”

O premio foi acollido con moita ilusión polo persoal dos Servizos Sociais Municipais do Concello, que fan partícipe do éxito a todos os departamentos, colectivos e persoas que participaron no SAPU e aos que transmiten o seu agradecemento e o de toda a sociedade. O galardón resulta aínda máis valorado tendo en conta que o conceden os propios profesionais do Traballo Social a través do seu órgano colexiado.

Para Tania García, este premio ás Boas Prácticas supón “o máximo recoñecemento ao inmenso esforzo realizado por todo o equipo para dar resposta a unha situación de emerxencia nunca antes vivida e que tiña o obxectivo de non deixar atrás a ninguén”. Ademais, o galardón “revaloriza a importancia dos Servizos Sociais e a labor que se presta desde a administración pública, a veces denostada, pero que con exemplos como este demostra a súa utilidade e beneficio para o ben común”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -