_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello obtén un lenzo de Rivas Briones pola doazón de Julio Díaz Losada, antigo notario en Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía acaba de ver incrementado o seu patrimonio artístico coa obtención doutro cadro do pintor e fillo predilecto da cidade, Antón Rivas Briones. A obra conséguese pola doazón altruísta realizada polo Julio Díaz Losada, o que durante 17 anos exerceu como Corredor de Comercio de notario no seu despacho da Praza de Galicia. O cadro é un lenzo sen título, de 90x60 centímetros, cuxa orixinalidade reside en que está pintado polas dúas caras. Nunha representa unha escena dun posto de venta de queixos nun mercado e pola outra a dunha choqueirada de Entroido.
09.03.2021.- Julio Manuel Díaz Losada exerceu a súa profesión en Vilagarcía entre os anos 1989 e 2006. Foi durante a súa estancia na vila cando adquiriu o cadro ao propio Antón Rivas Briones, tamén veciño da localidade. Dente entón, o propietario mantivo o lenzo exposto no seu domicilio particular, decidindo recentemente doala ao Concello de Vilagarcía en base ao dous argumentos: por tratarse da obra dun artista tan destacado pola súa traxectoria en Vilagarcía e como mostra de afecto do doante cara esta cidade.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, en nome da Corporación Municipal e de toda a cidadanía de Vilagarcía, agradece o xesto altruísta de Julio Díaz Losada e congratúlase de que o patrimonio artístico municipal poida continuar enriquecéndose con obras de tanta calidade e con tanto contido sentimental como as que asina Rivas Briones, o que a maiores de ser un dos máis valorados artistas galegos do último século, razón pola cal a sala de exposicións municipal bautizouse co seu nome, foi un moi querido e respectado veciño, cariño co que tamén se lembra a Losada, residente actualmente en Vigo.

A doazón oficializarase mediante a sinatura dun convenio, tras o cal farase o acto de entrega da obra cuxo destino será a súa exposición en dependencias municipais. En agradecemento e recordo deste xesto, o cadro colgarase acompañado dunha placa na que rezará a lenda de que a obra foi doada por Julio Manuel Díaz Losada.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -