_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O goberno local aproba 200.000 euros máis en axudas directas aos establecementos hostaleiros, comerciais e de ocio afectados por la pandemia

Tal e como anunciara o alcalde na aprobación do presuposto xeral, o pasado xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou este luns a proposta da Concellería de Promoción Económica pola que se destinan outros 200.000 euros ás axudas directas aos establecementos que, por mor da pandemia, ou ben tiveron que pechar ou ben viron diminuídos os seus ingresos en ao menos un 40%. A medida súmase aos 400.000 euros que xa aprobaron o ano pasado con idéntico motivo, e aos case 200.000 máis que o Concello destina aos bonos “Son da Casa” en fases sucesivas.
A convocatoria entrará en vigor unha vez que se publiquen as bases no Boletín Oficial de Provincia, probablemente esta mesma semana. A partir dese momento, os interesados disporán dun mes para presentar as súas solicitudes. As axudas están destinadas a subvencionar os gastos relacionados coa actividade da empresa, “realizados entre o 1 de novembro de 2020 e a data de presentación da solicitude de axuda”.

Entre eses gastos, evidentemente relacionados coa actividade, figuran os alugueres (sexan de bens mobles ou inmobles); os de subministración de enerxía (luz, auga, electricidade); os seguros de responsabilidade civil e accidentes; a compra de mercadorías relacionadas coa actividade; os gastos derivados dos salarios do persoal contratado por conta allea, excluídas as retencións; e os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade.

O importe das axudas varía entre os 400 e os 800 euros, en función das circunstancias de cada solicitante. Así, en primeiro lugar, se distingue entre os establecementos que tiveron que pechar obrigatoriamente, e os que, aínda non estando obrigados a iso, si viron diminuídos os seus ingresos en ao menos o 40%.
No primeiro caso (peche obrigado), os solicitantes recibirán 600 euros ou 800 se son titulares de máis dun establecemento tamén obrigado a pechar. No segundo caso (diminución dos ingresos), as axudas son de 400 euros (un so local) ou 600 (máis de un co mesmo titular).

Os establecementos que poden adherirse á primeira liña de axudas (peches obrigados) son os que figuran no punto 4 do anexo á Orde do 26 de xaneiro de 2021, da Xunta de Galicia, pola que se estableceron medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica do COVID-19. Entre eles, polo tanto, os de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías ou bares), pero tamén os de lecer e entretemento (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, furanchos e centros de lecer infantil). No listado figuran tamén ximnasios e espectáculos cinematográficos, pero por decisión municipal quedan fóra das axudas os locais de xogos e apostas.

Na segunda liña (diminución dos ingresos sen peche obrigado) poden participar os demais sectores económicos, fundamentalmente comercio e servizos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -