_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A fin de semana conclúe con so 20 denuncias por incumprimento das normas anti-covid

A primeira fin de semana do proceso de desescalada saldouse con 20 denuncias, todas a cidadáns que incumpriron as normas de sanidade dun ou doutro xeito. Paralelamente, os axentes da Policía Local fixeron inspeccións das terrazas; entre o venres e o domingo no se tramitou ningunha sanción, pero si foron varias as advertencias por non cumprir en todos os termos o último decreto da Xunta. Tras ese tempo de transición, aqueles que non se teñan adaptado á totalidade das normas serán sancionados. Con todo, e en xeral, a maioría dos cidadáns e dos hostaleiros están demostrando a súa responsabilidade no cumprimento das medidas sanitarias.
01.03.2021. O venres 26 foron multadas 4 persoas, tres por non levar a máscara posta e unha por ir fumando pola rúa, facendo caso omiso aos requirimentos da policía local para que deixara de facelo. O sábado 27 se tramitou unha denuncia por incumprimento do horario do “toque de queda” e 8 pola reunión de non conviventes nun pub da zona TIR. Por último, o domingo 28 foron propostos para sanción catro veciños por incumprir o horario do toque de queda e tres por non usar a correspondente máscara. Un dos casos por carecer de protección facial rexistrouse nunha terraza.

CHAMADA Á RESPONSABILIDADE
Malia que a inmensa maioría dos veciños compren e que a incidencia do Covid segue baixando, dende o Concello pídese a máxima colaboración e responsabilidade persoal para evitar novas infeccións. Cabe lembrar, neste sentido, que os hostaleiros teñen de prazo ata o día 5 para instalar nos seus establecementos os carteis co seu aforo en condicións normais, a porcentaxe autorizada neste momento e ao aforo resultante, tanto en interior coma en exterior, ademais do código QR para que os clientes que o desexen, e de xeito voluntario, poidan rexistrarse: no caso de que se detecte algún contaxio, ese rexistro facilitaría o rastrexo.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -