_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello porá o 66% do presuposto de reforma do pavillón de Fontecarmoa, e a Xunta o resto

Tal e como se comprometeran hai dous meses, cando mantiveran unha primeira xuntanza, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, se reuniron hoxe de novo –desta volta, telematicamente- para avanzar no proxecto da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa. Cunha primeira valoración económica na man, Varela e Lete chegaron ao acordo de que o Concello porá 2/3 do presuposto e a Xunta, o terzo restante.
25.02.2021. A falla de que esa memoria inicial se converta nun proxecto de obra en sentido estrito, estímase que o presuposto necesario roldaría os 1,5 millóns de euros. Cando o documento estea listo, Varela e Lete asinarán o correspondente convenio, pero, en calquera caso, a ansiada reforma do pavillón xa conta co compromiso de financiación. Por unha banda, o concello aproba mañá o seu orzamento para 2021, que inclúe –no capítulo de investimentos- unha partida de 800.000 euros. O resto da aportación municipal, ata aproximadamente un millón, procederá dalgunha das intervencións previstas ás “Liñas de actuación” da Estratexia DUSI “Vilagarcía Avanza”, financiada con fondos FEDER.

Como xa se informou anteriormente, a intención do goberno local –pero tamén, dende agora, da Secretaría Xeral para o Deporte- é facer unha reforma integral do edificio, que vaia moito máis alá de seguir facendo “parches” en determinados aspectos para, ao final, case construír un novo pavillón aproveitando a estrutura do xa existente. Así, actuarase non só sobre os vestiarios e as instalacións eléctricas e de saneamento senón, e ante todo, sobre a cuberta e o illamento e tratamento de todo o peche perimetral e das instancias interiores. Ao tempo se adoptarán todas as medidas necesarias para acadar a eficiencia enerxética esixible na actualidade nos edificios públicos, e sobre o cal os plans europeos poñen tanto énfase (é o caso das EDUSIs como nas que participa Vilagarcía).

40 ANOS DE TESTEMUÑA DEPORTIVA
O pavillón número 1, sobre o que agora se pretende actuar, foi a orixe de todo o complexo polideportivo de Fontecarmoa, no que agora hai dous pavillóns de deporte, un estadio de atletismo, dous campos de fútbol, varias pistas de tenis e unha piscina que agora mesma está en proceso de ampliación. O pavillón número 1 supuxo, polo tanto, un fito na historia do deporte local.

Construído en 1981, cun investimento de 40 millóns de pesetas de entón, ao longo dos seus case 40 anos de uso, o edificio viu crecer o deporte vilagarcián, desde aqueles partidos que se celebraban no antigo pavillón do Movemento ou o do Liceo Marítimo por carecer dun verdadeiramente municipal, ata torneos internacionais nos que participaron seleccións nacionais absolutas e equipos sénior e júnior dos máis coñecidos clubs europeos de baloncesto (Real Madrid, Barcelona, Zalguiris, Cibona…).

Hoxe, o pavillón é sede do equipo feminino do Cortegada (Liga Feminina 2) e tamén de torneos de carácter internacional, o que esixe unha serie de características que non sempre son fáciles de cumprir, especialmente en canto se refire á climatización.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -