_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía aposta polo Pacto Europeo dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

Vilagarcía entrará a formar parte da lista de concellos europeos incluídos no Pacto dos Alcaldes Para o Clima e a Enerxía mediante o cal os gobernos locais comprométense voluntariamente a implantar os obxectivos establecidos pola Unión Europea en materia de coidado do clima e uso de enerxías sustentables medioambientalmente. O goberno local, a través da Concellería de Medio Ambiente, eleva ao Pleno que se celebra este xoves a proposta de adhesión ao pacto.
22.02.2021.- Unha vez conte coa aprobación do Pleno da Corporación, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía materializarase mediante a sinatura da Carta de Adhesión. A partir de aí , o concello disporá dun prazo de 2 anos para elaborar e aprobar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible que, seguindo as directrices que establecen as normativas europeas e a Axenda 20/30, terá como obxectivos identificar e avaliar os desafíos e prioridades climáticas e enerxéticas existentes no municipio, seguir e informar do progreso cara aos compromisos adquiridos, informar e respaldar aos responsables da toma de decisións, comunicar os resultados ao público en xeral, permitir la autoavaliación, facilitar o intercambio de experiencias con iguais e demostrar os logros locais ao órgano coordinador do Pacto. O plan elaborado deberá ser revisado polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea.

Traballo adiantado en Vilagarcía
A adhesión ao PACES é unha mostra máis do firme compromiso do goberno local de Vilagarcía coas políticas medioambientais e de coidado do clima. Este compromiso vense plasmando dende hai xa anos en accións concretas como todas as que contribúen a reducir os niveis de CO2 (peonalizacións para reducir o tráfico de vehículos no centro da cidade, fomento do uso do transporte público colectivo con medidas como o VaiBus e o VaiBus+, a promoción do uso da bicicleta como medio de transporte alternativo e sustentable co servizo municipal de bicicletas do VaiBike, a ampliación do carril bici no paseo marítimo e entre Ferrazo e Canelas e a execución en curso das ciclovías; o VaiaPé para incentivar á xente a desprazarse camiñando pola cidade ou a creación de estacionamentos disuasorios).

O PACES conta na actualidade en toda Europa con 7.000 entidades locais adscritas. En Galicia están adheridos actualmente 237 concellos dos 313 existentes. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia creou unha oficina do Pacto en Galicia para informar e asesorar aos concellos, así como para ofrecer apoio administrativo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -