_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Os vilagarciáns poden realizar os test gratuítos da covid en dez farmacias da cidade. Consulta aquí a lista

O Concello de Vilagarcía informar aos veciños que a partir de hoxe comezan a realizarse en dez farmacias do municipio os test gratuíto para a detección do COVID. A medida posta en marcha polo Sergas está dirixida a persoas de entre 40 e 64 anos de idade e ten como obxectivo estender os cribados á maior poboación posible e detectar os casos asintómaticos que puideran estar estendendo a enfermidade sen sabelo. Deste xeito poderase facer un seguimento máis completo da enfermidade e ter un maior control sobre ela.
09.02.2021.- Para poder optar ao test gratuíto en farmacia, ademais de estar dentro da franxa de idade sinalada, hai que cumprir os requisitos de non presentar síntoma (febre, tose ou sensación de falta de aire), non ter dado positivo en Covid nos últimos 3 meses, non traballar en residencias ou centros de discapacitados (que seguen un protocolo propio) e non ter realizado unha pcr nos últimos 15 días.

O funcionamento é sinxelo. Acódese á farmacia e solicítase facer a proba, para o cal será necesario presentar a tarxeta sanitaria. Alí entregaranlle ao interesado un pequeno recipiente para, ao día seguinte e xa na casa, recoller unha mostra de saliva. O tubo coa mostra deberá entregarse na mesma farmacia antes das 10.30 da mañá desa xornada. O resultado comunicaráselle cunha mensaxe no teléfono móbil.

Un dato moi importante é que as persoas que presenten algún síntoma da enfermidade non poder recorrer aos test das farmacias. No caso de presentar sintomatoloxía (febre, tose ou sensación de falta de aire) deben dirixirse directamente ao teléfono do COVID (900 400 116) onde lle darán cita para facer a proba. En casos graves, chamar directamente ao 061.


Lista de farmacias adscritas

As farmacias de Vilagarcía ás que se pode acudir a realizar este cribado en son:

- SOFÍA CLARO. Rúa Daniel Espiño 15, Trabanca Badiña.
- Valdés (BERMEJO). Rúa Castelao 6.
- GARCÍA BRAVO. Avd. das Carolinas 22.
- ROLÁN. Doutor Tourón 38.
- GARCÍA RODRÍGUEZ. Castelao 5.
- RODRÍGUEZ MARTÍNEZ. Avd. da Mariña 54.
- ARENAZ. Avenida Rosalía de Castro 187, Carril.
- DURÁN. Avenida Vilanova 2, Vilaxoán.
- RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ. Vilar 16, Bamio.
- NARTALLO GARCÍA. Avd. de Rubiáns 5.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -