_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello programa máis melloras nos postos exteriores da Praza de Abastos

As numerosas melloras levadas a cabo nos últimos ano no edificio da Praza de Abastos para modernizala e adaptala ás últimas normativas sanitarias e de accesibilidade continuarán en 2021. Tras a reforma interior do mercado público e a substitución da cuberta da Praza da Verdura, o Concello de Vilagarcía programa agora volver a actuar nos postos exteriores, os que se abren á rúa. As actuacións previstas comezarán coa mellora dos sistemas de desaugue para, máis adiante, seguir coa implantación de sistemas de auga quente nos espazos dedicados á venta de produtos de alimentación.
14.01.2021.- A primeira actuación a levar a cabo será a relativa aos sistemas de desaugue, posto que se levará a cabo coa obra de ampliación e reforma da beirarrúa anexa ao edificio de Abastos pola rúa Alexandre Bóveda para adecuala á nova configuración do mercado ambulante, tal como se anunciara no seu día. Aproveitando estes traballos, o Concello dotará a todos os postos exteriores da Praza de instalación individualizada de desaugue, con sumidoiros propios e independentes en cada cubículo e que irán conectados directamente á rede de saneamento.

Esta mellora levarase a cabo nos vindeiros meses xa que na actualidade o proxecto de ensanche de beirarrúas e instalación de medidas de calmado de tráfico en Alexandre Bóveda está en fase de redacción dos pregos que permitan sacar a licitación das obras orzamentadas en 88.000 euros e para os que o Concello xa ten reservada unha partida económica.

Máis adiante, os plans municipais pasan porque os establecementos dedicados á venta de produtos de alimentación situados nos postos exteriores conten tamén con instalación de auga quente, actuación que se abordará previamente cos titulares das concesións afectadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -