_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A humanización do Piñeiriño comeza esta semana co replanteo das rúas Fontecarmoa, Álvaro Cunqueiro e Francisco Porto

O esperado Plan de humanización e modernización do barrio Piñeiriño ponse en marcha esta mesma semana co inicio da primeira fase das obras que afectarán ás rúas Fontecarmoa, Francisco Porto e Álvaro Cunqueiro. Cun investimento de 158.536 euros financiados a través do Plan Concellos, a actuación programada polo Concello consistirá no ensanche de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de luminarias led, mobiliario urbano e árbores. Os traballos inícianse mañá coa realización das medicións e replanteo dos terreos, para continuar posteriormente coa obra propiamente dita. O prazo de execución é de cinco meses.
12.01.2021.- A obra comeza con certo atraso sobre a data inicialmente previsto ao non achegar a documentación técnica a empresa que resultou adxudicataria inicialmente, tendo que completarse a tramitación correspondente para conceder o contrato á segunda firma mellor valorada no concurso, que foi J.M. Iglesias.

O proxecto redactado polo Arquitecto Municipal prevé o ensanche das beirarrúas de Álvaro Cunqueiro e Francisco Porto, que contarán con máis do dobre de ancho que as actuais, pasando dos 2 metros de agora, aos 5,5 que terán tras a actuación. Nas interseccións con outras vías, a beirarrúa ensánchase en forma de orella ata chegar aos 8 metros de ancho. Dada a amplitude da calzada nestas rúas, non será preciso prescindir dos estacionamentos, que se manterán en batería a petición dos veciños, aínda que inicialmente estaba previsto cambialos por unha disposición en liña.

Por descontando, eliminaranse todas as barreiras arquitectónicas e as beirarrúas serán completamente accesibles e cómodas para as persoas con problemas de mobilidade, ao construírse superficies totalmente regulares a base de formigón e contar coas correspondentes baixadas e ramplas.

O proxecto inclúe tamén unha necesaria actuación para mellorar a seguridade dos peóns na Rúa Fontecarmoa. Dada a desigualdade do ancho desta vía, que se estreita na proximidade ao cruzamento con Doutor Tourón, o da beirarrúa a construír tamén variará, aínda que a maior parte do trazado disporá de 3 metros. Ademais, elevarase un paso de peóns na zona máis próxima á intersección coa rúa Francisco Porto Rey.


Por último, nas zonas afectadas renovarase o alumeado público, poñendo luminarias de fachada con tecnoloxía led e se completará a actuación coa plantación de árbores que lle dean un aspecto máis agradable e aporten frescura ao barrio.


Un proxecto que terá continuidade

O plan que agora se inicia terá continuidade cunha segunda fase que afectará á Rúa Camilo José Cela, posto que a intención do goberno local é a de humanizar o cen por cen da urbanización do Piñeiriño, un barrio densamente poboado pero que mantén a estética e configuración dos anos 70 do século pasado, onde as zonas para a circulación rodada predominaba sobre as dedicadas aos peóns e ao esparexemento das persoas. Coa actuación que se vai a levar a cabo, O Piñeiriño adaptarase aos criterios do século XXI e tamén ao modelo de cidade no que traballa o executivo de Alberto Varela, con rúas accesibles e con espazos cómodos e amplos para os peóns, e onde os elementos verdes resten dureza ao asfalto e cemento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -